Teobaldo I de Navarra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 1:
{{biografía}}
[[Ficheiro:Theobald_IV._of_Champagne.gif|miniatura| Escudo de armas de Teobaldo I de Navarra e IV de Champaña ]]
'''Teobaldo I de Navarra e IV de Champaña''' ''o Trobador'', nado en [[Troyes]] en [[1201]] e finado en [[Pamplona]] en [[1253]], foi [[Condado de Champaña|conde de Champaña]] e [[Condado de Brie|Brie]] ('''[[1201]] - [[1253]]''') e [[Lista de monarcas de Navarra|rei de Navarra]] ('''[[1234]] - [[1253]]''').
 
== Traxectoria ==
=== Orixes familiares ===
Era fillo de [[Teobaldo III de Champaña]] e [[Branca de Navarra (1177-1229)|Branca de Navarra]]. Por liña paterna era neto de [[Henrique I de Champaña]] e [[María de Francia]], e por liña materna de [[Sancho VI de Navarra]] e [[Sancha de Castela]].
 
== Matrimonios e descendentes ==
Cara a [[1220]] casou con [[Xertrudis de Dagsburg]], filla do conde [[Alberte de Dabsbourg]].
 
En [[1222]] casou, en segundas nupcias, con [[Inés de Beaujeau]], filla de [[Guichard de Beaujeau]] e [[Sibila de Hainaut]] e curmá de [[Luís IX de Francia]]. Desta unión naceu:
 
* a infanta [[Branca de Champaña|Branca de Navarra]] ([[1226]] - [[1283]]), casada en [[1236]] con [[Xoán I da Bretaña]], [[Ducado da Bretaña|duque de Bretaña]].
 
En [[1232]] casou novamente con [[Margarida de Borbón-Dampierre]]. Desta unión naceron:
 
* a infanta [[Leonor de Navarra]] ([[1233]]).
Liña 23:
*o infante [[Henrique I de Navarra]] ([[1244]] - [[1274]]), [[Lista de monarcas de Navarra|rei de Navarra]] e conde de Champaña.
 
Tivo varios fillos ilexítimos:
 
* Guillerme de Navarra (? - [[1267]]), sacerdote.
*[[Margarida de Navarra]], casada con [[Àlvar Pérez de Azagra]], señor de [[Albarracín|Albarracín.]].
* Elida de Navarra, morta de pequena.
* Berengaia de Navarra, priora de [[Sant Pere de Ribes]]
Liña 32:
 
=== Alcume: o Trobador ===
Teobaldo é coñecido como ''o Trobador'' pola súa fama de poeta, que xa tiña no seu tempo e que a historia confirmou.
 
=== Ascenso ao condado de Champaña ===
Nacido o mesmo ano da morte do seu pai, Teobaldo foi nomeado conde de Champaña ese mesmo ano. A súa nai comezou unha rexencia que durou ata [[1222]], cando fixo os 21 anos. A rexencia foi dura, especialmente polos constantes enfrontamentos coa familia [[Condado de Brienne|Brienne]], que lles demandaban o trono do condado ao seren curmáns de Teobaldo.
 
=== Ascenso ao trono navarro ===
[[Ficheiro:Anverso_y_Reverso_del_sello_Teobaldo_I_de_Navarra_i_IV_de_Champaña.jpg|miniatura| Frontal e parte traseira do selo de Teobaldo I de Navarra. Empregou un modelo de selo do seu avó [[Sancho VI de Navarra|Sancho VI de Navarra,]], onde aparece o carbunclo, mentres mantiña o sinal heráldico iniciado polo seu pai, Teobaldo III de Champaña, a barra de Champaña. ]]
Morto [[Sancho VII de Navarra|Sancho VII]] os navarros esqueceron a vontade do rei, na que facía herdeiro a [[Xaime I de Aragón|Xaime I o conquistador]] e chamaron a Teobaldo, que ao mes da morte do seu tío se presentou en [[Pamplona]], onde xurou os [[Foros xerais vascos|Foros]] do reino, alimentando a coroa de Navarra cunha dinastía recoñecida de ricos vasalos do [[Lista de monarcas de Francia|rei de Francia]] establecidos ao norte do reino e instaurando a chamada dinastía champaña .
 
=== Relacións cos veciños ===
Sela pactos con [[Reino de Castela|Castela]], [[Coroa de Aragón|Aragón]] e [[Reino de Inglaterra|Inglaterra]], o que lle permitiu consolidarse na coroa. Gobernou axudado por nobres do Champaña, que recibiron importantes postos. Reduciu a importancia das tenzas como división territorial e introduciu catro grandes distritos confiados a meiriños, aos que atribuíu funcións fiscais e de orde pública. Estableceu as súas leis por escrito e comezou a recompilación das tradicións xurídicas da monarquía navarra coñecida como "Foro xeral".
 
Para obter o apoio de Castela, acordou o matrimonio da súa filla Branca con Afonso, o futuro [[Afonso X o Sabio]] . Neste pacto, [[Fernando III de Castela]] ofrecía a Teobaldo as terras de [[Guipúscoa]] mentres vivise o navarro, pero non as de [[Áraba]], como tamén pretendía Teobaldo; Así, o [[reino de Navarra]] tería unha saída natural ao [[Mar Cantábrico|Cantábrico]]. Este tratado, que non chegou a cumprirse, tería suposto a incorporación de Navarra a Castela. Parece que ao ano seguinte prometeu a súa filla Branca co duque de Bretaña.
 
=== Cruzadas ===
En [[1238]] dirixiu un exército [[Cruzadas|cruzado]] en [[Terra Santa]]. A pesar de ser derrotado, as disputas entre musulmáns permitíronlle asinar a paz e obter para os cristiáns as cidades de [[Xerusalén]], [[Belén]] e [[Ascalón]]. Volveu da cruzada a finais do ano [[1240]], pasando boa parte do seu reinado viaxando continuamente entre Navarra e Champaña.
 
=== Relacións coa igrexa ===
Mantivo grandes diferenzas co [[bispo]] de [[Pamplona]], [[Pedro Jiménez de Gazólaz]], e negouse a responder ante os tribunais papais. Un consello provincial celebrado en [[1250]] chegou a escomungalo, pero o [[papa]] [[Inocencio IV, papa|Inocencio IV]] concedeulle un privilexio especial polo que, sen o mandato da Santa Sede, ninguén podería escomungar ao rei .
 
=== Morte ===
Morreu o [[8 de xullo]] de [[1253]] en [[Pamplona]] ao regreso dunha das súas viaxes á rexión de Champaña, sendo enterrado na [[catedral]] desta cidade.
 
== Véxase tamén ==
Liña 92:
{{commonscat}}
{{control de autoridades}}
 
[[Categoría:Reis de Navarra]]
[[Categoría:Nados en 1201]]