América do Norte: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Quilómetro cadrado
Breogan2008 (conversa | contribucións)
*do Iucatán segundo a RAG
Liña 74:
O éxito da conquista castelá na zona meridional de América do Norte foi debido, en gran parte, ás loitas que enfrontaban aos diferentes pobos indíxenas da rexión. A desorde interna era especialmente grave no [[Aztecas|Imperio Azteca]], civilización que caeu ante Cortés en [[1521]]. Os aztecas eran odiados por gran parte das súas tribos vasalas especialmente polos [[tlaxcaltecas]], os cales convertéronse en aliados de [[Hernán Cortés]]. Debido a esta circunstancia e a superioridade das armas europeas, a vitoria castelá foi rápida.<ref>Laura Matthew i Michel R. Oudijk: ''Indian conquistadors: indigenous allies in the conquest of Mesoamerica''. Editado pola Universidade de Oklahoma Press, [[2007]]. ISBN 0-8061-3854-8.</ref>
 
Os [[civilización maia|maias]], outro pobo indíxena que poboaba a [[Penínsulapenínsula dedo Iucatán]], non foron capaces de ofrecer unha resistencia efectiva aos casteláns. Aínda que un elevado número de [[Pobos indíxenas de América|amerindios]] de [[México]] e da [[América Central]] foron exterminados durante a conquista e o dominio castelán ou se mesturaron cos [[conquistador]]es, o feito é que os maias e outros pobos indíxenas puideron sobrevivir ata os nosos días. Os descendentes deste [[mestizo|mestizaxe]] constitúen a maioría da poboación actual desta parte do subcontinente.<ref>David E. Stannard: American holocaust: the conquest of the New World. Editat per Oxford University Press US, [[1993]]. ISBN 0-19-508557-4</ref> [[Hernán Cortés]] chegou á [[Baixa California]] en [[1536]]<ref>[http://www.icorso.com/cola44_2.html Biografía de Hernán Cortés] (en castellà)</ref> as expedicións máis importantes durante a primeira parte do [[século XVI|século {{Versaleta|xvi}}]] foron as de [[Pánfilo de Narváez]] e [[Álvar Núñez Cabeza de Vaca]], os cales exploraron parte de [[Florida, Estados Unidos de América|Florida]], as costas septentrionais e orientais do [[Golfo de México]], e parte do norte de [[México]] entre [[1528]] e [[1536]].<ref>[http://www.enchantedlearning.com/explorers/page/n/narvaez.shtml Panfilo de Narvaez: Explorer] (en inglés)</ref><ref>[http://www.enchantedlearning.com/explorers/page/d/devaca.shtml Álvar Núñez Cabeza de Vaca: Explorer] (en inglés)</ref> [[Hernando de Soto]] chegou o [[río Mississippi]] en [[1541]],<ref>[http://www.enchantedlearning.com/explorers/page/d/desoto.shtml Hernando De Soto: Explorer] (en inglés)</ref> i [[Francisco Vázquez de Coronado]] explorou extensas áreas do sueste dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] entre [[1540]] e [[1542]].<ref>[http://www.enchantedlearning.com/explorers/page/c/coronado.shtml Francisco Vasquez de Coronado: Explorer and Conquistador] (en inglés)</ref> o asentamento permanente europeo máis antigo en [[Estados Unidos]] é San Agustín ([[Florida, Estados Unidos de América|Florida]]), o cal foi fundado en [[1565]] polo [[Asturias|asturiano]] [[Pedro Menéndez de Avilés]].<ref>[http://www.enchantedlearning.com/explorers/page/a/aviles.shtml www.enchantedlearning.com] (en inglés)</ref>
 
Antes de [[1600]], os casteláns dominaran os pobos indíxenas das illas máis grandes das [[Antillas]], de [[Florida, Estados Unidos de América|Florida]] e do sur de [[México]]. Por motivos administrativos, as colonias creadas pola [[Coroa de Castela]] na área de [[México]] agrupáronse no [[vicerreinado de Nova España]]. Logo de consolidar o seu control sobre [[Nova España]], as autoridades castelás avanzarón gradualmente cara ao norte, completaron a [[Conquista do Imperio Azteca|conquista de México]] e ocuparon grandes zonas do sur do que hoxe en día son os [[Estados Unidos de América]]. A audiencia de Guadalajara comprendía os estados do norte de México e os actuais [[Texas]] e [[Novo México]] nos Estados Unidos.<ref>Gerhard, Peter. [[2000]]: ''Geografía histórica de la Nueva España, [[1519]] - [[1821]]''. Cidade de México: Universidad Nacional Autónoma de México.</ref>