Batz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Moedagalega (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
== Orixe do nome ==
 
A [[etimoloxía]] de "batz" parece estar no [[Antigo alto alemán|alto alemán]] ''Bätz'', que en [[Lingua alemá|alemán moderno]] pasou a ''Bär'', co significado de "[[oso]]". De feito, a imaxe dun oso [[Heráldica|heráldico]] é recorrente nestas moedas, á parte de formar parte do escudo de Berna.<ref>Seguin, F. (1852). Páxina 148.</ref><ref name=":0" /><ref>"[http://ducange.enc.sorbonne.fr/BACIONES Baciones]". En Du Cange et al. (1883-1887). ''Glossarium mediæ et infimæ latinitatis''. L. Favre. Niort.</ref>
 
== Historia ==
 
=== Orixe e expansión ===
[[Ficheiro:Bamberg Batzen 73001148.jpg|miniatura|'''Batz''' (4 [[kreutzer]]) de [[Bamberg]], [[Alemaña]], [[Cuñaxe|cuñado]] en [[1696]]]]
A finais do [[Século XV|século XV,]] Berna e [[Cantón de Soleura|Soleura]] levaron a cabo unha reforma monetaria, no contexto da cal Berna creou, arredor de [[1492]], unha nova moeda con valor de catro kreuzer que debía servir para ocupar o espazo intermedio entre os valores máis pequenos do sistema e os máis grandes, como o [[tálero]]. Esta nova moeda tomou inicialmente o nome de ''rollbatz'', simplificado de camiño a ''batz''.<ref name=":1" />
 
Liña 27 ⟶ 28:
 
=== O Concordato de 1825 ===
[[Ficheiro:Bern 5 Btz 1826.jpg|miniatura|220px|[[Moeda]] de esquerda|5 '''batzen''' de [[Cantón de Berna|Berna]] [[Cuñaxe|cuñada]] en ([[1826]]) segundoconsonte os parámetros doo Concordato de [[1925]] (co característico "C" no centro da cruz do reverso).]]
 
O [[17 de abril]] de [[1825]], algúns cantóns ([[Aargau]], [[Basilea-Cidade|Basilea]], [[Cantón de Berna|Berna]], [[Cantón de Friburgo|Friburgo]], [[Cantón de Soleura|Soleura]], [[Vaud]]) asinaron un acordo ("Concordato") para estandarizaren a tipoloxía e o valor das súas moedas. Este acordo prevía a emisión de moedas coas seguintes denominacións: 2½ rappen (= 1 kreuzer = 1/4 batz), 5 rappen (½ batz), 1 batz, 2½ batzen e 5 batzen. As moedas, emitidas a partir de [[1826]], tiñan no reverso unha cruz coa letra "C" no centro e a inscrición <small>DIE CONCORDIER[ENDEN] CANTONE DER SCHWEIZ</small> ("Os cantóns concordantes de Suíza). No caso de Vaud, a lenda era en francés (<small>LES CANTONS CONCORDANTS DE LA SUISSE</small>) e no anverso amósase o propio escudo do cantón.<ref>"[https://www.schweizer-geld.ch/monnaies-cantonales-monnaies-concordat/fr/132-1 Monnaies Cantonales: Monnaies concordat]". En ''www.schweizer-geld.ch''</ref><ref>"[https://hls-dhs-dss.ch/fr/articles/013653/2009-11-26/#HXVIIIeetXIXesiE8cles Alliances et concordats monétaires]". En ''Dictionnaire Historique de la Suisse''.</ref>