Batz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Moedagalega (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Rollbatzen.jpg|miniatura|220px|'''Batz''' de [[Cantón de Berna|Berna]] do [[século XV]]. [[Anverso|A/]] [[Oso]] [[Heráldica|heráldico]]. <small>MONETA BERNENSIS</small>. [[Reverso (moedas)|R/]] [[Cruz]] e [[Flor de lis|flores de lis]]. <small>+SANCTVS VINCENCIVS</small>]]
O '''batz''' (plural '''''batzen''''') foi unha moeda, inicialmente de [[prata]] e posteriormente de [[Billón (aliaxe)|billón]], aparecida no [[Cantóns de Suíza|cantón suízo]] de [[Cantón de Berna|Berna]] no [[século XV]] e que se mantivo vixente en diversos territorios [[Suíza|suízos]] ata mediados do [[século XIX]], co [[Valor facial|valor]] de dous [[Groso (moeda)|grosos]] ou catro [[kreuzer]].<ref name=":0">[[Michel Amandry|Amandry]], M. (2006). Páxina 55.</ref><ref name=":1">"[https://hls-dhs-dss.ch/fr/articles/013677/2002-06-24/ Batz]". En ''Dictionnaire Historique de la Suisse''.</ref><ref>"[https://www.reppa.de/lexikon/batzen Batzen]". En ''Münzen Lexikon.'' Reppa.de.</ref><ref>"[https://digital.idiotikon.ch/idtkn/id4.htm#!page/41963/mode/1up Batz]". En ''Schweizerisches Idiotikon. Wörterbuch der schweizerdeutschen sprache.'' Tomo V. Frauenfeld. 1909. Columnas 1.964-1.976.</ref><ref>Geiger, H. U. (1972).</ref>
 
== Orixe do nome ==
 
A [[etimoloxía]] de "batz" parece estar no [[Antigo alto alemán|alto alemán]] ''Bätz'', que en [[Lingua alemá|alemán moderno]] pasou a ''Bär'', co significado de "[[oso]]". De feito, a imaxe dun oso [[Heráldica|heráldico]] é recorrente nestas moedas, á parte de formar parte do escudo de Berna.<ref>Seguin, F. (1852). Páxina 148.</ref><ref name=":0" />
 
[[Ficheiro:Vaud 40 Batzen 641603.jpg|miniatura|360px|40 '''batzen''' de [[prata]] do [[Cantóns de Suíza|cantón]] de [[Vaud]] de [[1812]]]]
 
== Historia ==
Liña 24 ⟶ 27:
 
=== O Concordato de 1825 ===
[[Ficheiro:Bern 5 Btz 1826.jpg|miniatura|220px|[[Moeda]] de 5 '''batzen''' de [[Cantón de Berna|Berna]] [[Cuñaxe|cuñada]] en [[1826]] segundo os parámetros do Concordato de [[1925]] (co característico "C" no centro da cruz do reverso).]]
 
O [[17 de abril]] de [[1825]], algúns cantóns ([[Aargau]], [[Basilea-Cidade|Basilea]], [[Cantón de Berna|Berna]], [[Cantón de Friburgo|Friburgo]], [[Cantón de Soleura|Soleura]], [[Vaud]]) asinaron un acordo ("Concordato") para estandarizaren a tipoloxía e o valor das súas moedas. Este acordo prevía a emisión de moedas coas seguintes denominacións: 2½ rappen (= 1 kreuzer = 1/4 batz), 5 rappen (½ batz), 1 batz, 2½ batzen e 5 batzen. As moedas, emitidas a partir de [[1826]], tiñan no reverso unha cruz coa letra "C" no centro e a inscrición <small>DIE CONCORDIER[ENDEN] CANTONE DER SCHWEIZ</small> ("Os cantóns concordantes de Suíza). No caso de Vaud, a lenda era en francés (<small>LES CANTONS CONCORDANTS DE LA SUISSE</small>) e no anverso amósase o propio escudo do cantón.<ref>"[https://www.schweizer-geld.ch/monnaies-cantonales-monnaies-concordat/fr/132-1 Monnaies Cantonales: Monnaies concordat]". En ''www.schweizer-geld.ch''</ref><ref>"[https://hls-dhs-dss.ch/fr/articles/013653/2009-11-26/#HXVIIIeetXIXesiE8cles Alliances et concordats monétaires]". En ''Dictionnaire Historique de la Suisse''.</ref>