Batz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Creada como tradución da páxina "Batzen"
 
Moedagalega (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
O '''Batzbatz''' (plural '''''batzen''''') foi unha moeda, inicialmente de [[prata]] e posteriormente de [[Billón (aliaxe)|billón]], aparecida no [[Cantóns de Suíza|cantón suízo]] de [[Cantón de Berna|Berna]] no [[século XV]] e que se mantivo vixente en diversos territorios [[Suíza|suízos]] ata mediados do [[século XIX]], co [[Valor facial|valor]] de dous [[Groso (moeda)|grosos]] ou catro [[kreuzer]].<ref name=":0">[[Michel Amandry|Amandry]], M. (2006). Páxina 55.</ref><ref name=":1">"[https://hls-dhs-dss.ch/fr/articles/013677/2002-06-24/ Batz]". En ''Dictionnaire Historique de la Suisse''.</ref>
 
'''== Orixe do nome''' ==
 
A [[etimoloxía]] de "batz" parece estar no [[Antigo alto alemán|alto alemán]] ''Bätz'', que en [[Lingua alemá|alemán moderno]] pasou a ''Bär'', co significado de "[[oso]]". De feito, a imaxe dun oso [[Heráldica|heráldico]] é recorrente nestas moedas, á parte de formar parte do escudo de Berna.<ref>Seguin, F. (1852). Páxina 148.</ref><ref name=":0" />
 
== Historia ==
 
=== Orixe e expansión ===
A finais do [[Século XV|século XV,]] Berna e [[Cantón de Soleura|Soleura]] levaron a cabo unha reforma monetaria, no contexto da cal Berna creou, arredor de [[1492]], unha nova moeda con valor de catro kreuzer que debía servir para ocupar o espazo intermedio entre os valores máis pequenos do sistema e os máis grandes, como o [[tálero]]. Esta nova moeda tomou inicialmente o nome de ''rollbatz'', simplificado de camiño a ''batz''.<ref name=":1" />
 
Liña 17 ⟶ 18:
A tipoloxía máis habitual dos batzen de Suíza caracterizouse pola presenza nos seus [[Reverso (moedas)|reversos]] dunha [[cruz]] cos seus brazos rematados en [[Flor de lis|flores de lis]], e o [[escudo]] [[Cantóns de Suíza|cantonal]] nos [[Anverso|anversos]]. Nas emisións correspondentes ao sur de Alemaña, no entanto, era máis común a representación dunha [[aguia]] heráldica.
 
=== Na República Helvética ===
Coa [[República Helvética]] ([[1798]]-[[1803]]) introduciuse o [[sistema decimal]] na moeda, de maneira que se estableceu como unidade o [[Franco suízo|franco]], dividido en 10 batzen e estes, pola súa vez, en 10 [[rappen]].<ref name=":1" />
 
Despois da República Helvética, os batzen foron cuñados por todos os cantóns daquela existentes, coas excepcións de [[Appenzell Interior]], [[Cantón de Xenebra|Xenebra]], [[Cantón de Glarus|Glarus]], [[Tesino]] e [[Cantón de Zug|Zug]].
 
=== O Concordato de 1825 ===
EnO [[17 de abril]] de [[1825]], algúns cantóns ([[Aargau]], [[Basilea-Cidade|Basilea]], [[Cantón de Berna|Berna]], [[Cantón de Friburgo|Friburgo]], [[Cantón de Soleura|Soleura]], [[Vaud]]) asinaron un acordo ("Concordato") para estandarizaren a tipoloxía e o valor das súas moedas. Este acordo prevía a emisión de moedas coas seguintes denominacións: 2½ rappen (= 1 kreuzer = 1/4 batz), 5 rappen (½ batz), 1 batz, 2½ batzen e 5 batzen. As moedas, emitidas a partir de [[1826]], tiñan no reverso unha cruz coa letra "C" no centro e a inscrición <small>DIE CONCORDIER[ENDEN] CANTONE DER SCHWEIZ</small> ("Os cantóns concordantes de Suíza). No caso de Vaud, a lenda era en francés (<small>LES CANTONS CONCORDANTS DE LA SUISSE</small>) e no anverso amósase o propio escudo do cantón.<ref>"[https://www.schweizer-geld.ch/monnaies-cantonales-monnaies-concordat/fr/132-1 Monnaies Cantonales: Monnaies concordat]". En ''www.schweizer-geld.ch''</ref><ref>"[https://hls-dhs-dss.ch/fr/articles/013653/2009-11-26/#HXVIIIeetXIXesiE8cles Alliances et concordats monétaires]". En ''Dictionnaire Historique de la Suisse''.</ref>
 
A reforma monetaria de [[1850]] supuzo a desaparición definitiva do batz, aínda que esta denominación segue a aplicárselle popularmente en Suízaás moedas de 10 céntimos de franco.<ref name=":1" />
 
== BibliografíaNotas ==
{{Listaref|30em}}
 
== Véxase tamén ==
* [[Michel Amandry|Amandry]], M. (2006). ''Dictionnaire de numismatique''. Larousse. Paris. ISBN 2035833108
{{Commonscat}}
* Seguin, F. (1852). "[http://dlibra.bibliotekaelblaska.pl/Content/56977/010311-1852.pdf Monnaies du Canton de Vaud]". En ''Mémoires de la société impériale d'archéologie''. Vol. 4. Société d'archéologie et de numismatique. San Petersburgo. Páxinas 141-148.
=== Outros artigos ===
* [[Franco suízo]]
* [[Rappen]]
* [[Kreuzer]]
 
=== Bibliografía ===
 
* [[Michel Amandry|Amandry]], M. (2006). ''Dictionnaire de numismatique''. Larousse. Paris. ISBN 2035833108
* Seguin, F. (1852). "[http://dlibra.bibliotekaelblaska.pl/Content/56977/010311-1852.pdf Monnaies du Canton de Vaud]". En ''Mémoires de la société impériale d'archéologie''. Vol. 4. Société d'archéologie et de numismatique. San Petersburgo. Páxinas 141-148.
 
<br />
<nowiki>
[[Categoría:Moedas de Suíza]]
[[Categoría:Moedas da Idade Media]]</nowiki>
[[Categoría:Moedas fóra de curso]]