Diferenzas entre revisións de «Mercedes Brea López»

m
sen resumo de edición
m
 
 
== Traxectoria ==
En [[1972]] licenciouse en [[Filosofía e Letras]] (sección de filoloxía románica) pola [[Universidade de Santiago de Compostela]], acadando o Premio extraordinario fin de carreira e máis o Premio nacional fin de carreira. En [[1973]] comezou como docente na universidade compostelá. Máis tarde, en 1975, doutorouse en Filoloxía Románica. En 1983 pasou a traballar na [[Universidade de Granada]],<ref name="BOE310" /> converténdose en catedrática en 1984. Regresou á USC en 1986. En [[2000]] foi elixida decana da [[Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela]]. Tamén foi Directora do Servizo de Publicacións e Vicerreitora de Profesorado na USC.
 
Ademais dirixe a Escola de Doutoramento en Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, e coordina o grupo de investigación GI-1350 da USC, ademais da ''Rede de estudos medievais interdisciplinares'' que subvenciona a Xunta de Galicia.<ref>{{Cita web|título=María Mercedes Brea López. Área de Filoloxía Románica. GI-1350 Románicas|url=http://www.usc.es/filrom/staff/mercedes-brea-lopez/|data-acceso=2019-08-26|lingua=gl-ES|páxina-web=}}</ref>
 
É colaboradora de revistas coma ''[[Verba (revista)|Verba]]'', ''[[Grial (revista)|Grial]]'', ''[[Revista Galega do Ensino]]'' ou ''[[Revistas de Lenguas y Literaturas Catalana, Gallega y Vasca]]''. Exerce de investigadora principal no proxecto O cancioneiro de xograres galegos.
5.003

edicións