Eduardo Blanco Amor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Eduardo Mallea
Liña 6:
Foi fillo de Aurora Amor, florista ourensá, e de Víctor Blanco, [[barbeiro]] procedente da zona de [[Mombuey]],{{Sfn|{{Versaleta|Allegue}}|1993|pp=25-29}} quen abandonou o fogar cando Blanco Amor tiña tres anos. A nai tivera un matrimonio anterior con Ramón Bóveda Guerra, de quen enviuvara en 1884 e con quen tivera tres fillos: Xulia, Cástor e Camilo Bóveda Blanco. Naceu no nº 17 da rúa da Paz, e foi [[Bautismo|bautizado]] como Eduardo Modesto. En [[1915]] comezou a traballar como secretario de dirección en ''[[El Diario de Orense]]''<ref>{{Cita web|título=Ficha do autor|url=http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=edublanc|páxina-web=bvg.udc.es |data-acceso=24/8/2019}}</ref> da man de [[Xavier Bóveda]], curmán dos seus medio irmáns. E en 1917 estivo como porteiro na Inspección de Primeira Ensinanza, mais en [[setembro]] dese ano foi suspendido de emprego e soldo. Durante esta época frecuentou os faladoiros de [[Vicente Risco]], de quen tamén foi alumno na [[Escola Normal]], figura que tivo unha importancia decisiva na súa futura defensa e promoción da cultura galega.
 
En [[abril]] de [[1919]] emigrou a [[Buenos Aires]] para evitar ir á [[guerra do Rif]].{{Sfn|{{Versaleta|Allegue}}|1993|p=43}} Alí continuou en contacto con intelectuais galegos da emigración, tomando parte activa na [[Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales]], fundada en [[1921]], que pretendía aglutinar tódolos inmigrantes galegos e da que chegaría a ser director do seu órgano ''[[El Despertar Gallego (1922)|El Despertar Gallego]]''. No [[1924]] coñece a [[Ramón Suárez Picallo]], que había ser o seu grande amigo.<ref name="MEMBROS">{{Cita web|título=Membros da Academia - Plenario |url=https://academia.gal/plenario?p_p_id=ManageChairs_WAR_ragportal&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_mode=view&p_p_col_id=column-1&p_p_col_count=1&_ManageChairs_WAR_ragportal_action=showAcademic&_ManageChairs_WAR_ragportal_selLetter=B&_ManageChairs_WAR_ragportal_id=100 |editorial=Real Academia Galega |data-acceso=25/8/2019}}</ref> En [[1923]] fundou con [[Ramiro Isla Couto]] a revista ''[[Terra (1923)|Terra]]'', en lingua galega. Máis adiante participou tamén noutra publicación galeguista chamada ''[[Céltiga (revista)|Céltiga]]'', da que tamén será director. En [[1926]] entrou a formar parte do diario arxentino ''[[La Nación]]'', onde coñeceu escritores arxentinos como [[Leopoldo Lugones]], [[Jorge Luis Borges|Borges]], [[Ernesto Sabato]], [[Eduardo Mallea]] e o uruguaio [[Horacio Quiroga]]. Tamén colaborou con publicacións como ''[[Correo de Galicia (Buenos Aires)|Correo de Galicia]]'' e a ''[[Revista de la Casa de Galicia]]''.
 
En [[1927]] publicou a súa primeira obra, a noveliña ''Os Nonnatos''. Ao ano seguinte seguiuna o libro de poemas ''[[Romances gallegos]]'', encadrado dentro dunha estética modernista cunha forte influencia dos romances casteláns e de [[Luís Amado Carballo]].
{| class="wikitable" style="float:right; margin:0 15px"
|-style="line-height:2em;"
|style="font-size:95%; line-height:150%;" |[[Ficheiro:Ourense, 04-05b.JPG|175px]]
Liña 15:
Casa natal e placa.
|}
Fixo dúas viaxes a [[Galicia]] como correspondente do diario ''La Nación''. Na primeira (1929-1931) coñeceu a [[Alfonso Daniel Rodríguez Castelao]]<ref>{{Cita web |título=Eduardo Blanco Amor |url=http://editorialgalaxia.gal/autor/eduardo-blanco-amor/ |páxina-web=Editorial Galaxia |data-acceso=24/8/2019 }}</ref> e a varios intelectuais do [[Partido Galeguista (histórico)|Partido Galeguista]] e do [[grupo Nós]], e escribiu ''[[Poema en catro tempos]]'', que publicaría posteriormente na [[Arxentina]] en [[1931]]. Dende [[Buenos Aires]] colaborou máis tarde coa revista ''[[Nós (revista)|Nós]]'' con varios poemas e tres capítulos da súa novela inconclusa ''A escadeira de Jacob''. Na segunda viaxe (1933-1935) coñeceu en [[Madrid]] a [[Federico García Lorca]] (e outros membros da [[Xeración do 27]] da [[literatura española]]) con quen tivo unha grande [[amizade]] e a quen acompañou á casa familiar de [[Fuente Vaqueros]] en varias ocasións. Foi Blanco Amor o responsable de convencer a Lorca para que publicase os ''[[Seis poemas galegos]]'' (1935).
 
Defendeu dende a [[Arxentina]] a legalidade republicana cando se produciu o estalido da guerra civil española. Durante os 20 anos seguintes espallou a nosa cultura e utilizou unicamente o castelán na súa obra literaria, con obras como ''Los miedos'' (1936) ou ''La catedral y el niño'' (1948). En [[1956]] volveu ao galego con ''Cancioneiro'', e en [[1959]] publicou ''[[A esmorga]]''.
Liña 46:
 
=== Poesía ===
Blanco Amor foi un importante poeta sobre todo nos primeiros tempos. Comezou co libro de poemas de estética modernista ''[[Romances galegos]]'' (Buenos Aires: Editorial Céltiga [[1928]]). Seguiu con ''[[Poema en catro tempos]]'' ([[1931]], Buenos Aires), elexía á morte dun pescador. Logo veu ''Cancioneiro'' ([[1956]], Buenos Aires). Dous ''Cantos a Galiza encadeada'' ([[1946]]) foron publicados no xornal Galicia, da Federación de Sociedades Galegas.<ref>{{Cita libro |título=Actas do I Congreso Internacional "Curros Enríquez e o seu tempo". Tomo II|url=https://books.google.es/books?id=-42pCMJsxb0C&pg=PA413&lpg=PA413&dq=Cantos+a+Galiza+encadeada+BLANCO+AMOR&source=bl&ots=rbp2tEqJ1X&sig=ACfU3U2xkYafbCGjRlzze6XR3TCY5xjBcw&hl=gl&sa=X&ved=2ahUKEwjzgJLKz53kAhXPXRUIHXniDUMQ6AEwAnoECAkQAQ#v=onepage&q=Cantos%20a%20Galiza%20encadeada%20BLANCO%20AMOR&f=false |editorial=Consello da Cultura Galega |data=2003 |ISBN=9788495415790 }}</ref> Estes libros foron despois recollidos en ''Poemas galegos'' ([[1980]], Galaxia).
 
=== Xornalismo e ensaio ===