Eduardo Blanco Amor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 4:
 
== Traxectoria ==
Foi fillo de Aurora Amor, florista ourensá, e de Víctor Blanco, [[barbeiro]] procedente da zona de [[Mombuey]],{{Sfn|{{Versaleta|Allegue}}|1993|pp=25-29}} quen abandonou o fogar cando Blanco Amor tiña tres anos. A nai tivera un matrimonio anterior con Ramón Bóveda Guerra, de quen enviuvara en 1884 e con quen tivera tres fillos: Xulia, Cástor e Camilo Bóveda Blanco. Naceu no nº 17 da rúa da Paz, e foi [[Bautismo|bautizado]] como Eduardo Modesto. En [[1915]] comezou a traballar como secretario de dirección en ''[[El Diario de Orense]]''<ref>{{Cita web|título=Ficha do autor|url=http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=edublanc|páxina-web=bvg.udc.es |data-acceso=24/8/2019}}</ref> da man de [[Xavier Bóveda]], curmán dos seus medio irmáns. E en 1917 estivo como porteiro na Inspección de Primeira Ensinanza, mais en [[setembro]] dese ano foi suspendido de emprego e soldo. Durante esta época frecuentou os faladoiros de [[Vicente Risco]], de quen tamén foi alumno na [[Escola Normal]], figura que tivo unha importancia decisiva na súa futura defensa e promoción da cultura galega.
 
En [[abril]] de [[1919]] emigrou a [[Buenos Aires]] para evitar ir á [[guerra do Rif]].{{Sfn|{{Versaleta|Allegue}}|1993|p=43}} Alí continuou en contacto con intelectuais galegos da emigración, tomando parte activa na [[Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales]], fundada en [[1921]], que pretendía aglutinar tódolos inmigrantes galegos e da que chegaría a ser director do seu órgano ''[[El Despertar Gallego (1922)|El Despertar Gallego]]''. No [[1924]] coñece a [[Ramón Suárez Picallo]], que había ser o seu grande amigo.<ref name="MEMBROS">{{Cita web|título=Membros da Academia - Plenario |url=https://academia.gal/plenario?p_p_id=ManageChairs_WAR_ragportal&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_mode=view&p_p_col_id=column-1&p_p_col_count=1&_ManageChairs_WAR_ragportal_action=showAcademic&_ManageChairs_WAR_ragportal_selLetter=B&_ManageChairs_WAR_ragportal_id=100 |editorial=Real Academia Galega |data-acceso=25/8/2019}}</ref> En [[1923]] fundou con [[Ramiro Isla Couto]] a revista ''[[Terra (1923)|Terra]]'', en lingua galega. Máis adiante participou tamén noutra publicación galeguista chamada ''[[Céltiga (revista)|Céltiga]]'', da que tamén será director. En [[1926]] entrou a formar parte do diario arxentino ''[[La Nación]]'', onde coñeceu escritores arxentinos como [[Leopoldo Lugones]], [[Jorge Luis Borges|Borges]], [[Ernesto Sabato]], [[Mallea]] e o uruguaio [[Horacio Quiroga]]. Tamén colaborou con publicacións como ''[[Correo de Galicia (Buenos Aires)|Correo de Galicia]]'' e a ''[[Revista de la Casa de Galicia]]''.
 
En [[1927]] publicou a súa primeira obra, a noveliña ''Os Nonnatos''. Ao ano seguinte seguiuna o libro de poemas ''Romances gallegos'', encadrado dentro dunha estética modernista cunha forte influencia dos romances casteláns e de [[Luís Amado Carballo]].
Liña 27:
Finou sen dar lectura ao discurso de ingreso que, segundo consta na documentación da [[Real Academia Galega]], levaría por título: "A esperencia literaria". Considérase igualmente académico numerario. Foi proposto por [[Ramón Otero Pedrayo]], [[Xesús Ferro Couselo]] e [[Francisco Fernández del Riego]].<ref name="MEMBROS" />
 
A súa condición [[homosexualidade|homosexual]]<ref>Blanco Amor, E. (2004): ''A ollada do desexo. Ollada fotográfica 1933-1973''. Limiar de [[Carlos Lema]]. Vigo: Ed. Galaxia. Páx. 10.</ref> reflíctese en obras como ''[[A esmorga]]'' ou no volume ''Ars amandi'', compilación de poesía amatoria.<ref name="SALGADO">{{Cita publicación periódica |ligazónautor=Daniel Salgado |nome=Daniel |apelidos={{Versaleta|Salgado}} |url=https://elpais.com/diario/2007/03/16/galicia/1174043913_850215.html |título=Dos arquivos de Blanco Amor |xornal=El País |data=16/3/2007 }}</ref>
 
=== Narrativa ===
En [[1927]] publicou a súa primeira obra, a narración curta ''Os Nonnatos,'' publicada na Revistarevista ''[[Céltiga (revista)|Céltiga]]'' o 25 de maio''.'' "Xacobe descobre o seu perfl" foi un adianto de novela publicado en 1933 na revista ''[[Nós (revista)|Nós]]'' en tres capítulos''<ref name="JACOB" />, que acabou sendo publicada en 1993 como ''A escadeira de Jacob''.
[[Ficheiro:Eduardo Blanco Amor en Ourense, 1933.jpg|miniatura|250px|Blanco Amor en Ourense en 1933.<ref name="VICISITUDES">{{Cita publicación periódica |apelidos={{Versaleta|Dasilva}} |nome=Xosé Manuel |url=https://web.archive.org/web/20150923233912/http://www.editorialgalaxia.es/imxd/libros/doc/1263989389184_Xose_M_Dasilva.pdf |título=As vicisitudes editoriais d' A esmorga |revista=Grial |issn=0017-4181 |número=184 |ano=2009 |páxina=47.}}</ref>]]
En [[1959]] publicou unha novela de extraordinaria importancia para a renovación da narrativa galega: ''[[A esmorga]]''. Esta obra desenvólvese en Auria e marca un fito na ruptura das tendencias costumistas e populares da literatura galega, debido á súa técnica innovadora: o único que se pode ler son as contestacións dun reo nun xuízo, que conta as aventuras que o levaron á condena. É o modo de, sen facer un texto bilingüe, darlle verosimilitude a un diálogo entre un xuíz, que fala castelán, e un reo que fala galego. Amais de deberse ao afán de verosimilitude, o silencio do xuíz representa a xordeira da xustiza, o seu papel represor e castigador. A novela, ambientada nos baixos fondos ourensáns, céntrase en tres personaxes transgresores e marxinais que van sendo levados a un final tráxico.
 
Outra obra que tivo gran repercusión foi o libro de relatos ''[[Os biosbardos]]'' (1962), relatos en primeira persoa con protagonista e narrador infantil distinto en cada conto. A súa última etapa foi moi fecunda, a pesar de ser postergado pola cultura oficial: en [[1970]] alumeou unha nova edición d' ''[[A esmorga]]'', e en [[1972]] apareceu a extensa novela ''Xente ao lonxe'', onde a través dos avatares que lle ocorren a unha familia de clase obreira, retrata a sociedade urbana, moi estratificada, do [[Ourense]] de principios de século.
 
Moitas das súas obras narrativas (''A Esmorga'', ''Xente ao lonxe'', ''Os biosbardos'') desenvólvense nunha cidade ficticia, Auria, transposición literaria do seu [[Ourense]] natal.<ref>{{Cita web |título=Eduardo Blanco Amor, la novela de Orense |url=https://www.abc.es/cultura/cultural/abci-eduardo-blanco-amor-novela-orense-201806290116_noticia.html |xornal=ABC |data=28/6/2018 |data-acceso=25/8/2019 |lingua=es |apelidos=Pozuelo Yvancos |nome=José María}}</ref> Os críticos literarios encontraron nas súas ficcións ecos de autores como [[Ramón María del Valle-Inclán|Valle-Inclán]] ou [[José Maria Eça de Queirós|Eça de Queirós]], constitúe un dos grandes fitos na renovación da narrativa galega e está considerado un dos grandes narradores galegos da posguerra.<ref>{{Cita web|título=Biografia de Eduardo Blanco Amor|url=https://www.biografiasyvidas.com/biografia/b/blanco_amor.htm|páxina-web=www.biografiasyvidas.com |data-acceso=25/8/2019 |lingua=es}}</ref>
Liña 41:
 
=== Teatro ===
Nos seus últimos anos prestou unha grande atención ao xénero teatral, con obras como ''Farsas para Títeres'' (1973, Ed. do Castro). Contén seis pezas: ''Romance de Micomicón e Adhelala, Amor e crimes de “Juan el Pantera”, Falsa morte e certa morte de Estoraque o Indiano, A verdade vestida, Un refaixo pra Celestina'' e ''Anxélica no ombral do ceio.'' En edición bilingüe castelán-galego, autotradución. En 1974 sae ''Teatro pra a xente'' (Galaxia) que contén: ''O cantar dos cantares, ou Galicia 1948, Fas e Nefas, ou o castelo enmeigado número 5.000 e pico, A carauta, Os baralláns;''; e tres contos escénicos'': ''A medosa Blandina, A lebre das ánimas, A tía Lambida.''. Ademais publicou a pequena peza esperpéntica ''Proceso en Jacobusland (Fantasía xudicial en ningures)'' que tivo problemas coa censura''.''
 
Como dramaturgo, preocupouse de buscar a dignificación do xénero por medio do popular, pero superando o folclorismo e o costumismo hexemónicos no teatro galego da emigración.<ref>{{Cita web |apelidos={{Versaleta|Vilavedra Fernández}} |nome=Dolores |título=Eduardo Modesto Blanco Amor |editorial=[[Real Academia da Historia|Real Academia de la Historia]] |url=http://dbe.rah.es/biografias/53826/eduardo-modesto-blanco-amor |data-acceso=25/8/2019 |lingua=es}}</ref>
 
=== Poesía ===
Blanco Amor foi un importante poeta sobre todo nos primeiros tempos. Comezou co libro de poemas de estética modernista ''[[Romances galegos]]'' (Buenos Aires: Editorial Céltiga'' [[1928]]). Seguiu con ''[[Poema en catro tempos]]'' ([[1931]], Buenos Aires), elexía á morte dun pescador. Logo veu ''Cancioneiro'' ([[1956]], Buenos Aires). Dous ''Cantos a Galiza encadeada'' ([[1946]]) foron publicados no xornal Galicia, da Federación de Sociedades Galegas.<ref>{{Cita libro |título=Actas do I Congreso Internacional "Curros Enríquez e o seu tempo". Tomo II|url=https://books.google.es/books?id=-42pCMJsxb0C&pg=PA413&lpg=PA413&dq=Cantos+a+Galiza+encadeada+BLANCO+AMOR&source=bl&ots=rbp2tEqJ1X&sig=ACfU3U2xkYafbCGjRlzze6XR3TCY5xjBcw&hl=gl&sa=X&ved=2ahUKEwjzgJLKz53kAhXPXRUIHXniDUMQ6AEwAnoECAkQAQ#v=onepage&q=Cantos%20a%20Galiza%20encadeada%20BLANCO%20AMOR&f=false |editorial=Consello da Cultura Galega |data=2003 |ISBN=9788495415790 }}</ref> Estes libros foron despois recollidos en ''Poemas galegos'' ([[1980]], Galaxia).
 
=== Xornalismo e ensaio ===
Dirixiu ''Céltiga'', ''Terra'', ''Galicia'', ''Ciudad'' e colaborou en ''La Nación'', ''La Hora'', ''La Vaguardia'', ''Faro de Vigo''...<ref>{{Cita web|título=Praza das letras - Eduardo Modesto Blanco Amor|url=https://web.archive.org/web/20090420004615/http://www.prazadasletras.org/letras/autores/autor/799/eduardo-modesto-blanco-amor |páxina-web=web.archive.org |data=20/4/2009 |data-acceso=25/8/2019}}</ref> A súa obra xornalística, sobre todo en América en Castelán, é inxente. Contribuíu ao ensaio o con traballos como ''Chile a la vista'', ''El Padre Feijoo'', ''Volviendo a Ortega y Gasset'', ''Castelao'' e ''Las buenas maneras,'',<ref>{{Cita web|título=Eduardo Blanco Amor. Galegos. Gallegos|url=http://galegos.galiciadigital.com/gl/eduardo-blanco-amor |páxina-web=galegos.galiciadigital.com|data-acceso=25/8/2019 }}</ref> ''La peligrosa aventura de vivir en un pueblo'': ''escritos 1967-1971, A contrapelo.''. Ademais desenvolveu ao longo da súa vida unha intensa actividade como conferenciante e en programas de radio''.{{Sfn|{{Versaleta|Pena}}|2019|p=405}}
 
=== Fotografía ===