Resurrección de Xesús: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Liña 4:
Segundo o [[Novo Testamento]], ocorreu ao terceiro día de que [[Xesús]] fose [[Crucifixión de Xesús|crucificado]], [[morte de Cristo|morto]] e [[enterro de Cristo|sepulto nunha tumba]]. O momento preciso da resurrección non se describe, nin aparece como presenciado por ninguén (nin sequera polos soldados que custodiaban o lugar); si a súa consecuencia: as [[miróforas]]<ref>Aplícase moi pouco en masculino ([[miróforos]]), e designa os personaxes que interveñen en descubrimento da tumba baleira. A palabra grega Μυροφόροι transcrita ao latín como ''Myrophorae'', literalmente significa "portadores da [[mirra]]". Ademais das [[Tres Marías]], hai dous varóns que non interveñen neste episodio pero que se identifican coa mirra neste contexto: [[Nicodemo]] e [[Xosé de Arimatea]], que interviñeron no [[descendemento da Cruz]] e embalsamaron o corpo de Cristo con mirra e aloes. Richard Bauckham, Jesus and the Eyewitnesses (Eerdmans Publishing Company: Cambridge, 2006. No contexto da [[Nadal|natividade de Xesús]], os [[Reis Magos]] levaron ouro, incenso e mirra como agasallo ao Neno.</ref> ([[tres Marías]] o [[santas mulleres]]) encontran a [[tumba baleira]]<ref>Stagg, Evelyn and Frank. Woman in the World of Jesus. Philadelphia: Westminster Press, 1978 ISBN 0-664-24195-6.</ref> (nun dos evanxeos, o [[Evanxeo de Mateo|de Mateo]], no medio dun estrondo causado pola chegada dun [[anxo (cristianismo)|anxo]] -nos demais evanxeos tamén aparecen anxos, aínda que noutra actitude-). A partir dese momento menciónanse varias [[aparicións de Xesús resucitado]]<ref>Tilborg, Sj. van and P. Chatelion Counet. Jesus' Appearances and Disappearances in Luke 24, Leiden etc.: Brill, 2000.</ref> en diversas ocasións, tanto a [[María Madalena]] (''[[Noli me tangere]]'') como aos [[apóstolos]] ([[Tomé, apóstolo|Tomé]], que mostrara a súa [[incredulidade de Santo Tomé|incredulidade]],<ref>Glenn W. Most, Doubting Thomas.</ref> é invitado polo propio Xesucristo a meter a man na chaga do costado)<ref>[[Evanxeo de Xoán]], 20: 24-29. [http://www.vatican.va/archive/ESL0506/__PWQ.HTM Tradución na páxina web do Vaticano].</ref> e a outros [[discípulos]] (aos [[discípulos de Emaús]] e a un grupo de máis de cincocentos "irmáns").<ref>[[1 Corintios]] 15:6. [http://www.vatican.va/archive/ESL0506/__PYE.HTM Tradución na páxina web do Vaticano].</ref>
 
A resurrección de Xesucristo celébrase no [[calendario cristián]] coa festividade do [[Pascua cristiá|Domingo de Pascua]] ou de resurrección. O domingo de resurrección denomínase tamén nos Συναξάριον ''[[synaxarion]]'' e calendarios litúrxicos da [[igrexa ortodoxa]] "domingo das miróforas co nobre Xosé''.<ref>[{{Cita web |url=http://ocafs.oca.org/FeastSaintsViewer.asp?SID=4&ID=1&FSID=36 |título=Sunday of the Holy Myrrhbearing Women with the Noble Joseph] |data-acceso=17 de abril de 2014 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20121020171615/http://ocafs.oca.org/FeastSaintsViewer.asp?SID=4&ID=1&FSID=36 |dataarquivo=20 de outubro de 2012 |urlmorta=si }}</ref>
 
Os textos evanxélicos datan o descubrimento da tumba baleira en ''o primeiro día'' da semana seguinte á celebración da [[pascua xudía]] (que é a festividade que se celebrou na [[A Última Cea|Última Cea]]). A expresión ''ao terceiro día'', que suscita unha curiosa controversia cronolóxica (menos de corenta e oito horas cóntanse como tres días),<ref>{{Cita web |url=http://amen-amen.net/supuestascontradicciones/?p=154 |título=''La Resurección de Jesús'' |data-acceso=17 de abril de 2014 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20130702114458/http://amen-amen.net/supuestascontradicciones/?p=154 |dataarquivo=02 de xullo de 2013 |urlmorta=si }}</ref> é a máis utilizada por recollerse no [[Credo]]: ''resucitou ao terceiro día, segundo as Escrituras''; e provén dun fragmento do [[Evanxeo de Lucas]]: ''xa van tres días que sucederon estas cousas'' (a morte de Xesús)<ref>[http://www.abibliagalega.com/contactanos/evanxeos/lucas-/capitulos-21-24/ Lucas 24]</ref>