Huldrych Zwingli: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Retiro en uso
Jglamela (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 37:
* establécese e regúlase unha beneficencia para os pobres, financiada cos fondos obtidos da secularización de bens eclesiásticos.
 
Ese ano de 1525 fundouse así mesmo na igrexa Grossmünster unha escola para teólogos, onde poderían aprender [[exéxeseexexese]] bíblica, que logo empregarían nos seus sermóns ao pobo.
 
Importante na teoloxía de Zwingli é tamén a súa concepción das relacións entre o poder laico e o relixioso, pois mentres considera que é dereito e obrigación do poder terreal organizar a Igrexa e a sociedade, admite por outro lado a posibilidade de derrocar o grupo gobernante se este non se comporta de xeito apropiada ás ensinanzas do Evanxeo.
Liña 53:
[[Ficheiro:Gedenkstein Zwingli.jpg|miniatura|Monumento conmemorativo de Zwingli en Wildhaus]]
=== Teoloxía de Zwingli ===
A pedra angular da teoloxía de Zwingli é a Biblia. Zwingli apelou constantemente á Escritura nos seus escritos. Puxo a autoridade da mesma sobre outras fontes, tales como os [[concilios ecuménicos]] o os [[Pais da Igrexa]], aínda non dubidaba en empregar outras fontes para apoiar os seus argumentos.<ref>{{Harvnb|Stephens|1986|pp=51–52}}</ref> Os principios que guiaron as interpretacións de Zwingli derívanse da súa educación humanística e do seu entendemento, á luz da Reforma, da Biblia.<ref>{{Harvnb|Stephens|1986|p=59}}</ref> Modificando unha interpretación literal dunha pasaxe, puña atención ao contexto inmediato e trataba de entender o propósito detrás do mesmo. Comparou pasaxes da Escritura e usou analoxías, un método que describe en ''Unha exéxeseexexese amigable'' (1527). Dúas analoxías que utilizou con bastante efectividade foron entre o bautismo e a circuncisión e entre a [[Pascua cristiá|Pascua]] e a [[Eucaristía]].<ref>{{Harvnb|Stephens|1986|pp=64–66}}</ref>
 
Zwingli rexeitaba a palabra ''[[sacramento (relixión)|sacramento]]'' no modo en que se empregaba popularmente no seu tempo. Para a xente ordinaria, a palabra significaba algunha forma de acción santa na cal había un poder inherente para liberar a conciencia de pecado. Para Zwingli, un sacramento era unha cerimonia de iniciación ou unha promesa, sinalando que a palabra se derivaba de ''sacramentum'', que significa xuramento.<ref>{{Harvnb|Stephens|1986|pp=180–185}}</ref> nos seus primeiros escritos sobre o [[bautismo]], fixo notar que o bautismo era un exemplo de tal compromiso ou promesa. Cuestionou os católicos acusándoos de [[superstición]] ao atribuírlle á auga do bautismo un certo poder para limpar os pecados. Posteriormente, no seu conflito cos [[anabaptismo|anabaptistas]], defendeu a práctica do bautismo de infantes, sinalando que non había lei ningunha que prohibise esa práctica. Argumentaba que o bautismo era un símbolo dun pacto con Deus, polo tanto substituía a [[circuncisión]] do [[Antigo Testamento]].<ref>{{Harvnb|Stephens|1986|pp=194–206}}</ref>