Primeiro Concilio de Nicea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
de un > dun
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Liña 59:
A controversia arriana xurdiu en [[Alexandría]] cando o presbítero [[Arrio]] comezou a propagar posturas doutrinais cristolóxicas contrarias ás do seu bispo, [[Alexandre de Alexandría|Alexandre]]. Os puntos conflitivos centrábanse nas naturezas e na relación de [[Deus Pai]] e o [[Fillo de Deus]] ([[Xesús de Nazaret|Xesús]]). As discrepancias xurdiron a partir de diferentes ideas sobre a divindade de Deus e sobre o que significaba para Xesús ser o seu Fillo. Alexandre afirmaba que o Fillo era divino exactamente no mesmo sentido en que o Pai é, coeterno co Pai, ou non podería ser o seu verdadeiro Fillo. Arrio salientaba a supremacía e unicidade de Deus, que a divindade do Pai debía ser maior que a do Fillo, que o Fillo tivera un comezo, que non compartía nin a eternidade nin a verdadeira divindade do Pai, senón que era a primeira e máis perfecta das criaturas de Deus.<ref name="davis1">{{cita libro |autor=Leo Donald Davis, S.I. |título=The First Seven Ecumenical Councils (325-787) |capítulo=2 - The Council of Nicaea I, 325 |páxinas=52-54 |isbn=9780814656167}}</ref>
 
Os debates sobre o arrianismo no concilio estendéronse dende o 20 de maio do [[325]] até o [[19 de xuño]].<ref name="davis1"/> Segundo moitas crónicas, o debate tornouse tan apaixonado que, nun momento, Arrio foi golpeado no rostro por [[Nicolao de Myra]], máis tarde canonizado.<ref>''[http://www.stnicholascenter.org/Brix?pageID=57 Bishop Nicholas Loses His Cool at the Council of Nicaea]''. Ver tamén ''[http://ocafs.oca.org/FeastSaintsLife.asp?FSID=103484 St. Nicholas the Wonderworker] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20120910163113/http://ocafs.oca.org/FeastSaintsLife.asp?FSID=103484 |date=10 de setembro de 2012 }}'', da páxina web da [[Igrexa Ortodoxa en América]].</ref>
 
Grande parte do debate dependía da diferenza entre ser "nado" ou "creado" e ser "xerado". Os arrianos consideraban que eran esencialmente o mesmo, os partidarios de Alexandre non. O significado exacto de moitos dos termos empregados nos debates de Nicea non estaban totalmente claros para os falantes doutras linguas. Termos [[Koiné|gregos]] como "esencia" (''[[ousia]]''), "substancia" (''[[hipóstase (relixión)|hypostasis]]''), "natureza" (''physis'') e "persoa" (''prosopon'') tiñan unha variedade de significados extraídos dos filósofos precristiáns, que levaban a moitos malentendidos. A verba ''[[homoousios|homoousia]]'', en particular, foi inicialmente rexeitada por moitos bispos ao asociala coas herexías [[gnosticismo|gnósticas]], que foran condenadas nos [[Sínodos de Antioquía]].