Antin Seliava: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 29:
Logo do martirio de Kuntsevych en [[Witebsk]] o [[12 de novembro]] de [[1623]], Seliava foi en [[1624]] elixido arcebispo de [[arquieparquía católica bielorrusa de Polack|Polack]],{{sfn|Мудрий|1995|p=206}} e recibiu a consagración episcopal de mans do metropolita [[Yosyf Rutskyi]] o [[18 de xaneiro]] do mesmo ano. Como arcebispo foi impulsor e puxo en marcha o proceso de [[canonización]] de Kuntsevych, quen foi finalmente beatificado en [[1643]].{{sfn|Мудрий|1995|p=206}}
 
=== Metropolita de Kiev, Galicia e toda a Rus ===
Nunha viaxe do metropolita [[Rafail Korsak|Korsak]] a [[Roma]], en [[1639]], Seliava foi nomeado na súa ausencia administrador temporal da Igrexa ucraína. O metropolita Korsak finou durante a súa estadía en Roma, e antes do seu pasamento ofreceu a Seliava ao papa [[Urbano VIII]] e ao rei [[Ladislau IV de Polonia|Ladislau IV]] como posible sucesor.{{sfn|Мудрий|1995|p=206}} En Roma tivo lugar un proceso apostólico de investigación sobre a persoa de Seliava, logo do cal foi nomeado en [[1641]] [[arquieparquía católica ucraína de Kiev|metropolita de Kiev, Galicia e toda a Rus]], cargo no que permaneceu até o seu pasamento en outubro de [[1655]].{{sfn|Мудрий|1995|p=207}} Conservou tamén o título de arcebispo de Polack, e en [[1642]] foi elixido tamén como superior da orde basiliana.{{sfn|Мудрий|1995|p=207}}