Diferenzas entre revisións de «Antin Seliava»

 
== Traxectoria ==
=== Primeiros anos ===
Antin Seliava naceu arredor do ano [[1583]] en [[Polack]].{{sfn|Мудрий|1995|p=206}} Ingresou en [[1612]] no [[mosteiro da Santa Trindade de Vilnius|mosteiro da Santa Trindade]] dos [[Orde de San Basilio Magno|basilianos]] en [[Vilnius]], facendo o novizado baixo a dirección de [[Xosafat Kuntsevych]].{{sfn|Мудрий|1995|p=206}} En [[1615]] foi enviado a Roma para ampliar os seus estudos, e á súa volta a [[Gran Ducado de Lituania|Lituania]] traballou na reforma levada a cabo nos mosteiros polo metropolita [[Yosyf Rutskyi|Rutskyi]]. En outubro de [[1617]] foi [[ordenado sacerdote]] da [[Orde de San Basilio Magno]]. Posteriormente foi reitor nos mosteiros de Vilnius e de [[Navahrudak]], e participou activamente nas polémicas relacionadas coa restauración da [[metrópole ortodoxa grega de Kiev|metrópole ortodoxa]] en [[1620]].{{sfn|Мудрий|1995|p=206}}
 
== Arcebispo de Polack ==
Logo do martirio de Kuntsevych en [[Witebsk]] o [[12 de novembro]] de [[1623]], Seliava foi en [[1624]] elixido arcebispo de [[arquieparquía católica bielorrusa de Polack|Polack]],{{sfn|Мудрий|1995|p=206}} e recibiu a consagración episcopal de mans do metropolita [[Yosyf Rutskyi]] o [[18 de xaneiro]] do mesmo ano. Como arcebispo foi impulsor e puxo en marcha o proceso de [[canonización]] de Kuntsevych, quen foi finalmente beatificado en [[1643]].{{sfn|Мудрий|1995|p=206}}
68.167

edicións