Inge Magnusson: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 8:
Alí, decidiron escoller a Inge Magnusson, suposto fillo do rei [[Magnus V de Noruega]] como o seu pretendente á realeza. O seu bando denominouse Bagler, facendo referencia a un antigo vocábulo en [[Lingua nórdica antiga|noruegués antigo]] que significaba báculo. A guerra entre os Bagler, co apoio da Igrexa, e os [[Birkebeiner]] (o bando popular) que apoiaban a Sverre durou todo o resto do reinado deste.<ref>{{Cita web|url=https://snl.no/Baglersagaene}}</ref>
 
Inge Magnusson estaba co partido Bagler cando tomaron Nidaros en xaneiro de 1198. Permaneceron aló durante a [[primavera]], e Inge recibu o título real na Asemblea. Ese mesmo ano, o príncipe sueco Karl Sverkerson, xerno do rei, que protexía [[Bergen]], foi asasinado cando a cidade foi tomada polo liderlíder bagler [[Thorstein Kugad]].<ref>Saga de Sverre, capítulo 152</ref>
 
Os Baglers establecéronse na área de [[Viken]], preto de Oslo, que era tanto a zona do bispado de Nicolas Arnesson como a antiga base de poder do rei Magnus V. O [[18 de xuño]] de [[1199]], as frotas dos dous bandos enfrontáronse na [[batalla naval de Strindafjord]]. Nela, Sverre obtuvo unha esmagante vitoria e os Baglers que sobreviviron tiveron que fuxir como o bispo Nicolas Arnesson que se exiliou en Dinamarca polo que, dende xaneiro de 1200, Inge foi constantemente descrito como o líder Bagler.