Aves: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 8 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta15)
Recuperando 3 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta16)
Liña 496:
[[Ficheiro:African Scops owl.jpg|miniatura|esquerda|A plumaxe do ''[[Otus senegalensis]]'' permítelle camuflarse entre os troncos das árbores.]]
 
A plumaxe é [[muda (bioloxía)|mudada]] regularmente. A plumaxe característica dunha ave que mudou tras a reprodución coñécese como plumaxe posreprodutiva, ou na [[terminoloxía Humphrey-Parkes]] plumaxe «básica». As plumaxes reprodutivas ou as variacións da plumaxe básica coñécense no sistema Humphrey-Parkes como plumaxes «alternativas».<ref>{{Cita publicación |autores=Philip S. Humphrey, Kenneth C. Parkes |ano=1959 |título=An approach to the study of molts and plumages |publicación=The Auk |volume=76 |páxinas=1-31 |url=http://elibrary.unm.edu/sora/Auk/v076n01/p0001-p0031.pdf |doi=10.2307/3677029 |formato=PDF |10= |dataacceso=28 de marzo de 2009 |data= |revista= |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20090325235722/http://elibrary.unm.edu/sora/Auk/v076n01/p0001-p0031.pdf |dataarquivo=25 de marzo de 2009 |urlmorta=si }}</ref> A muda é anual na maioría das especies, aínda que algunhas poden ter dúas mudas ao ano, e as grandes aves de presa poden mudar só unha vez cada poucos anos. Os padróns de muda varían entre especies. Nos paseriformes, as plumas de voo son substituídas dunha nunha iniciando o ciclo coa primaria máis interna. Cando se muda a quinta das seis primarias, a terciaria máis externa comeza a desprenderse. Despois que se mudan as terciarias máis internas, as secundarias comezan a mudarse dende a máis interna e isto prosegue até as plumas máis externas (muda centrífuga). As cobertoiras primarias maiores múdanse sincronicamente coas primarias coas que se superpoñen.<ref name="pettingill">{{Cita libro |autor=Pettingill Jr. OS |ano=1970 |título=Ornithology in Laboratory and Field |editorial=Burgess Publishing Co}}</ref> Un pequeno número de especies, como os patos e gansos, perden todas as plumas de voo á vez, e quedan temporalmente sen capacidade de voar.<ref name="debeeretal">{{Cita publicación |autor=de Beer SJ, Lockwood GM, Raijmakers JHFS, Raijmakers JMH, Scott WA, Oschadleus HD, Underhill LG |ano=2001 |url=http://web.uct.ac.za/depts/stats/adu/ringmanual.htm |título=SAFRING Bird Ringing Manual |publicación=SAFRING |6= |dataacceso=28 de marzo de 2009 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20071011182440/http://web.uct.ac.za/depts/stats/adu/ringmanual.htm |dataarquivo=11 de outubro de 2007 |data= |revista= |urlmorta=si }}</ref> Como regra xeral, as plumas da cola múdanse e substitúense comezando desde o par máis interior;<ref name="pettingill" /> con todo, obsérvanse mudas centrípetas de plumas da cola en [[Phasianidae]].<ref>{{Cita publicación |apelido=Gargallo |nome=Gabriel |ano=1994 |título=Flight Feather Moult in the Red-Necked Nightjar ''Caprimulgus ruficollis'' |publicación=Journal of Avian Biology |volume=25 |número=2 |páxinas=119-24 |doi=10.2307/3677029}}</ref> A muda centrífuga é diferente nas plumas da cola dos [[Picidae]] e os [[Certhiidae]] nos que comeza polo segundo par de plumas máis internas e remata co par central, de modo que a ave mantén a capacidade de axudarse coa súa cola para rubir.<ref name="pettingill" /><ref>{{Cita publicación |autores=Ernst Mayr, Margaret Mayr |ano=1954 |título=The tail molt of small owls |publicación=The Auk |volume=71 |número=2 |páxinas=172-78 |url=http://elibrary.unm.edu/sora/Auk/v071n02/p0172-p0178.pdf |formato=PDF |dataacceso=28 de marzo de 2009 |data= |revista= |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20120819113044/http://elibrary.unm.edu/sora/Auk/v071n02/p0172-p0178.pdf |dataarquivo=19 de agosto de 2012 |urlmorta=si }}</ref> O padrón xeral que se ve en [[paseriformes]] é que as primarias son substituídas cara a fóra, as secundarias cara a dentro, e a cola desde o centro cara a fóra.<ref>{{Cita web |nome=Robert B |apelido=Payne |título=Birds of the World, Biology 532 |url=http://www.ummz.umich.edu/birds/resources/families_otw.html |editorial=Bird Division, University of Michigan Museum of Zoology |dataacceso=28 de marzo de 2009 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20120226062512/http://www.ummz.umich.edu/birds/resources/families_otw.html |dataarquivo=26 de febreiro de 2012 }}</ref>
 
Antes de aniñar, nas femias da maioría das especies de aves desenvólvese o que se chama unha [[placa de incubación]], é dicir, unha zona libre de plumas preto do abdome. A pel está alí ben irrigada con vasos sanguíneos, o que axuda na incubación.<ref>{{Cita publicación |apelido=Turner |nome=J. Scott |ano=1997 |título=On the thermal capacity of a bird's egg warmed by a brood patch |publicación=Physiological Zoology |volume=70 |número=4 |páxinas=470-80 |doi=10.1086/515854 |pmid=9237308}}</ref>
 
[[Ficheiro:Red Lory (Eos bornea)-6.jpg|miniatura|''[[Eos bornea]]'' acicalándose.]]
As plumas requiren mantemento e as aves acicálanas ou peitean diariamente, pasando en media un 9&nbsp;% do seu tempo diario niso.<ref>{{Cita publicación |autores=Bruno A. Walther, Dale H. Clayton |ano=2005 |título=Elaborate ornaments are costly to maintain: evidence for high maintenance handicaps |publicación=Behavioural Ecology |volume=16 |número=1 |páxinas=89-95 |doi=10.1093/beheco/arh135}}</ref> O pico úsase para extraer partículas estrañas e para aplicar secrecións [[cera|cerosas]] provenientes da glándula uropixial. Estas secrecións protexen a flexibilidade da pluma e actúan como axente antimicrobiano, inhibindo o crecemento de [[bacteria]]s degradadoras da pluma.<ref>{{Cita publicación |autores=Matthew D. Shawkey, Shreekumar R. Pillai, Geoffrey E. Hill |ano=2003 |título=Chemical warfare? Effects of uropygial oil on feather-degrading bacteria |publicación=[[Journal of Avian Biology]] |volume=34 |número=4 |páxinas=345-49 |doi=10.1111/j.0908-8857.2003.03193.x}}</ref> Isto pode suplementarse con secrecións de [[ácido fórmico]] das formigas, que reciben mediante un comportamento coñecido como «[[baño de formigas]]», para quitar os parasitos das plumas.<ref>{{Cita publicación |autores=Paul R. Ehrlich, David S. Dobkin, Darryl Wheye |ano=1986 |título=The Adaptive Significance of Anting |publicación=The Auk |volume=103 |número=4 |páxina=835 |url=http://elibrary.unm.edu/sora/Auk/v103n04/p0835-p0835.pdf |formato=PDF |dataacceso=28 de marzo de 2009 |data= |revista= |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20080910161715/http://elibrary.unm.edu/sora/Auk/v103n04/p0835-p0835.pdf |dataarquivo=10 de setembro de 2008 |urlmorta=si }}</ref>
 
As [[escama]]s das aves están formadas da mesma queratina que as plumas, o pico, as garras e esporóns. Atópanse principalmente nas dedas do pé e no [[metatarso]], pero poden atoparse máis arriba até o talón nalgunhas aves. A maioría das escamas das aves non se superpoñen significativamente, excepto nos casos dos [[Alcedines]] e os [[Picidae]]. Pénsase que as escamas das aves son [[homoloxía (bioloxía)|homólogas]] ás dos réptiles e mamíferos.<ref>{{Cita libro |apelidos=Lucas |nome=Alfred M. |ano=1972 |título=Avian Anatomy - integument |localización=East Lansing, Michigan, USA |editorial=USDA Avian Anatomy Project, Michigan State University |páxinas=67, 344, 394-601}}</ref>