Coroa de Castela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Ligazón interna a artigo novo.
Liña 67:
fillos [[Pedro I de Castela|Pedro]] e [[Henrique II de Castela|Henrique]]. Afonso XI contraera matrimonio con [[María de Portugal]], da que tivo o seu herdeiro, o infante Pedro. Non obstante, o rei tamén tivo con [[Leonor Núñez de Guzmán]] varios fillos naturais, entre eles o infante Henrique, conde de [[Condado de Trastámara|Trastámara]], que disputaron o reino a Pedro unha vez este accedeu ao trono.
 
Na súa loita contra Henrique, Pedro aliouse con Eduardo, príncipe de [[Príncipe de Gales|Gales]], chamado o [[Eduardo de Woodstock|Príncipe Negro]]. En [[1367]] o Príncipe Negro derrotou os partidarios de Henrique na [[Batalla de Nájera]].
O Príncipe Negro, vendo que o rei non cumpría as súas promesas, abandonou o reino, circunstancia que aproveito Henrique, refuxiado en Francia, para retomar a loita. Finalmente Henrique venceu en [[1369]] na [[batalla de Montiel]], e deu morte a Pedro.