Avelino Díaz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Xas (conversa | contribucións)
m lig int
Liña 60:
O activismo político aparece nel vencellado ó social e cultural. Era un convencido patriota galego, de ideas republicanas e progresistas. En 1930 estaba entre o grupo que constituía a sección arxentina da [[Organización Republicana Gallega Autónoma|ORGA]]. Cultivou a compañía e amizade de [[Ramón Suárez Picallo|Suárez Picallo]], [[Antón Alonso Ríos|Alonso Ríos]], [[Rodolfo Prada]], [[Francisco Regueira]] e [[Campos Couceiro]]. Chegou a dirixir o ''[[Galicia (1930)|Galicia]]'' da Federación, sucesor de ''El Despertar Gallego'', e un dos máis importantes periódicos da colectividade galegoporteña, en varias ocasións, estivo á fronte do ''[[Lugo (Buenos Aires)|Lugo]]'' e de ''[[Opinión Gallega]]''. Participou nos consellos de redacción dos tres xornais e doutras publicacións máis esporádicas coma ''[[Verba]]'', subtitulada revista oral e mural en galego''.''
 
Co estalido da guerra civil formou parte dos Comités de Axuda á España leal e militou dentro da [[Agrupación Unión Gallega|Unión Gallega]] (1938-46) no Centro Galego. Derrotada a República, mantívose sempre fiel ós ideais que afianzara desde a súa volta á capital arxentina contribuíndo de maneira moi destacada ós proxectos do galeguismo da [[Irmandade Galega]]. Formou parte da xunta directiva de ''[[A Nosa Terra (Buenos Aires)|A Nosa Terra]]'' refundada en 1942, e da comisión de Cultura do [[Consello de Galiza]] creada en 1944, participando en varios xurados literarios e musicais do Centro Galego e do Centro Ourensán.
[[Ficheiro:Fachada panteón.JPG|miniatura|Panteón do Centro Gallego no cemiterio de La Chacarita]]
Foi membro do [[Consello de Galiza]] e do [[Centro Gallego de Buenos Aires]] e académico correspondente da [[Real Academia Galega]].<ref>[http://academia.gal/plenario?p_p_id=ManageChairs_WAR_ragportal&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_mode=view&p_p_col_id=column-1&p_p_col_count=1&_ManageChairs_WAR_ragportal_action=listNoAcademic&_ManageChairs_WAR_ragportal_selLetter=D Membros correspondentes] RAG.</ref> O seu nomeamento en 1951 efectuouse por intermediación dos [[Uxío Carré Aldao|Carré]], cos que mantiña correspondencia e lazos de amizade. Á Real Academia enviou os seus tres libros autoeditados.
 
No [[Congreso da Emigración Galega|I Congreso da Emigración Galega]] que se celebrou na capital arxentina en 1956 desempeñou o cargo de secretario.
 
Case cego, viviu con [[Alzhéimer]] os últimos anos da súa vida, sempre ó coidado da súa muller e da familia do seu fillo, Alfredo. Morreu o 29 de marzo de 1971 no sanatorio do Centro Galego.
Liña 89:
 
== Obra teatral ==
 
=== Galego ===
 
* ''Cuestión de sorte.'' 1931. Inédita. Estreada en Buenos Aires polo Conxunto Artístico Concepción Arenal.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
Liña 120 ⟶ 117:
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Diaz Diaz, Avelino}}
[[Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega]]
[[Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá]]