Andrónico I Comneno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
{{Biografía}}
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Biografía
|pé=Moeda (en forma de pratiño) de Andrónico I Comneno.}}
'''Andrónico I Comneno''', nado (c. [[1118]] -e finado o [[12 de setembro]] de [[1185]]), foi un [[Emperadores bizantinos|emperador bizantino]] ([[1183]]-[[1185]]), fillo do príncipe [[Isaac Comneno (príncipe)|Isaac Comneno]] e neto de [[Aleixo I Comneno]], naceu a comezos do [[século XII]], calculouse que cara a 1118. Foi un home atractivo e elocuente, ademais de moi enérxico e valente: un gran xeneral e un hábil político.
 
== Traxectoria ==
Os seus primeiros anos pasounos entre o servizo militar e os praceres. En [[1141]] foi capturado polos [[selxúcidas|turcos selxúcidas]] e estivo preso durante un ano. Cando pagaron o seu rescate, volveu a [[Constantinopla]], á corte do seu curmán, o emperador [[Manuel I Comneno|Manuel I]], de quen foi favorito. Foi amante da súa sobriña, a princesa Eudoxia, mentres que a súa irmá Teodora mantiña a mesma relación co emperador.
 
Liña 23 ⟶ 24:
O curto reinado de Andrónico caracterizouse por enérxicas e sabias medidas. Decidiu acabar con moitos abusos, pero, ante todo, loitou por limitar o crecente [[feudalismo]] e o poder dos nobres. O pobo, que sentía a severidade das súas leis, recoñecía a súa xustiza, pois se beneficiaba da protección ante os seus superiores. A aristocracia en cambio opúxose ao emperador e buscou axuda na figura de [[Guillerme II de Sicilia]]. Este príncipe pasou a [[Epiro]] cun gran exército e chegou ata [[Tesalónica]], cidade que tomou e destruíu. Pero pouco despois foi derrotado e obrigado a volver a [[Sicilia]].
 
Andrónico parecía decidido a acabar co poder da aristocracia e os seus plans estiveron a piques de verse coroados polo éxito. Pero en [[1185]], estando fóra da capital, o seu lugartenente ordenou o arresto e execución de [[Isaac II Anxo|Isaac Anxo]], un descendente de Aleixo I. Isaac logrou escapar e refuxiouse na igrexa de [[Santa Sofía de Constantinopla|Santa Sofía]]. Pediu axuda ao pobo e formouse un tumulto que se estendeu por toda a cidade. Cando Andrónico chegou, atopouse destronado, e a Isaac como novo emperador. Isaac entregouno aos seus inimigos, e durante tres días foi torturado por estes. Morreu o 12 de setembro de 1185. Foi o último dos Comneno no trono de Constantinopla, aínda que o seu neto [[Aleixo I de Trebisonda]] e o irmán deste, [[David de Trebisonda|David]], fundaron o [[Imperio de Trebisonda]] en [[1204]].
 
{{Commons|Andronicus I Comnenus}}