Ducado (moeda): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Moedagalega (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 10:
A palabra ducado provén do [[Lingua latina|latín]] [[Idade Media|medieval]] ''ducalis'', co significado de "relacionando cun duque", e inicialmente asociábase unicamente ás moedas correspondentes a un ducado ou emitidas a nome dun [[duque]].<ref>[https://www.etymonline.com/search?q=ducat Etimoloía de "ducado"]. En ''Online Etymology Dictionary''.</ref>
 
A primeira emisión de moedas de [[Billón (aliaxe)|billón]] tipo [[scyphate]] débeselle ao [[Monarca|rei]] [[Roger II de Sicilia|Roger II]] de [[Reino de Sicilia|Sicilia]], arredor de [[1140]]. Eran moedas válidas para todo o reino e caracterizábanse por seren as primeiras en amosaren a imaxe de [[Cristo]], nos seus [[Anverso|anversosanverso]]s, xunto coa [[Epigrafía|lenda]] <small>SIT TIBI. CHRISTE, DATVS, QVEM TV REGIS ISTE DVCATVS</small> ("Oh, Cristo, permite que este ducado que gobernas sexa dedicado a ti").<ref>[[Philip Grierson|Grierson, P]]. (1982). Páxina 12.</ref><ref>"[https://everything2.com/title/Ducat Ducat]". En Chamberlain (1960). </ref> Nos [[Reverso (moedas)|reversos]], Roger II amósase como [[emperador bizantino]], xunto co seu fillo.<ref>Hendy, M. F. (1970). "[https://www.jstor.org/stable/42681907?seq=1#page_scan_tab_contents Michael IV and Harold Hardrada]". En ''The Numismatic Chronicle.'' Serie 7. Vol. 10. Páxinas 187-197.</ref> Estas moedas foron as primeiras en recibir a denominación de "ducado", a partir do Ducado de Puglia que o emperador lle concedera ao seu fillo.
 
=== Ducados de Venecia ===
Liña 19:
[[Florencia]] e [[Xénova]] introduciran as súas propias moedas de ouro xa en [[1252]], e o [[florín florentino]] gozaba de recoñecemento en toda Europa. Venecia baseou o tamaño e o peso do seu ducado no florín de Florencia, cun lixeiro aumento de peso por mor das diferenzas nos sistemas ponderais utilizados en ambas as cidades. Deste xeito, o ducado veneciano naceu cun peso de 3,545 gramos e cunha pureza do ouro do 99,47 %, a máxima que se podía alcanzar na [[metalurxia]] da época.
 
A tipoloxía dos ducados venecianos de ouro deriva da que tiñan os primitivos de prata, de orixe bizantina. Os seus [[Anverso|anversosanverso]]s amosan unha imaxe do dux de Venecia axeonllado ante [[Marcos o Evanxelista|San Marcos]], o padrón de Venecia. Marcos sostén os [[EvanxeosEvanxeo]]s, que son o seu atributo habitual, e preséntalle un [[gonfalón]] ao dux. A lenda da esquerda identifica o santo como <small>S M VENET</small> ("San Marcos de Venecia") e a da dereita identifica o dux, amosando a palabra <small>DVX</small> no campo. Nos [[Reverso (moedas)|reversos]] aparece a imaxe de [[Cristo]] en pé entre un campo de [[Estrela (astronomía)|estrelas]], nun marco ovalado. A lenda inversa é a mesma que caracterizaba os ducados de Roger II.<ref>Hobson, B. (1971). Páxina 39.</ref>
 
Os seguintes dux de Venecia continuaron cuñando ducados, cambiando só o seu nome nos anversos. Durante o [[Século XV|século]] [[Século XV|XV]], o valor do ducado en relación á moeda de prata estaba estabilizado en 124 [[Soldo (moeda)|soldos]] venecianos. Porén, o conflito entre [[Inglaterra]] e [[España]] en [[1567]] fixo aumentar o prezo do ouro e alterou esta equivalencia.<ref>Porteus, J. (1969). Páxina 174.</ref> O dux [[Leonardo Loredano]] introduciu no sistema moedas de medio ducado e os seus sucesores engadiron a dun cuarto, así como diversos múltiplos; todas estas moedas continuaron a basearse nos deseños e no padrón ponderal dos ducados orixinais de 1284. Como caso particular, mesmo cando a aparición da data de cuñaxe se converteu nalgo ordinario nas moedas occidentais, Venecia continuou a emitilos sen indicación da data, ata que [[Napoleón I de Francia|Napoleón]] acabou coa República Veneciana en [[1797]].<ref>Friedberg, R. (2017): "Italy-Venice".</ref>
 
=== Imitacións dos ducados de Venecia ===
Cando a cidade de Roma introduciu a súa moeda de ouro, tanto o florín como o ducado poderían ter suposto un bo modelo, dado o seu prestixio, mais os florentinos, que controlaban as finanzas de Roma, aseguráronse de que a moeda da súa cidade non fose copiada.<ref name=":0">Porteus, J. (1969). Páxina 106.</ref> Pola contra, as moedas romanas amosaban nos seus anversos a figura dun senador de xeonllos ante [[Pedro, papa|San Pedro]], e nos reversos a Cristo entre estrelas nun marco ovalado, como imitación directa dos ducados venecianos. Posteriormente, os [[Papa|papaspapa]]s mudaron estes deseños, aínda que continuaron coa emisión de ducados do mesmo peso e tamaño durante todo o [[século XVI]].<ref>Friedberg, R. (2017): "Vatican City-The Roman Senate".</ref>
 
A maioría das imitacións do ducado veneciano foron feitas nas zonas do leste do [[Mar Mediterráneo|Mediterráneo]], onde Venecia gastaba máis diñeiro do que recibía. Os [[Orde de Malta|Cabaleiros de San]] [[Orde de Malta|Xoán de Xerusalén]] bateron ducados baixo o grande mestre [[Dieudonné de Gozon]] ([[1346]]-[[1353]]), que aparece nos anversos axeonllado ante [[Xoán o Apóstolo|San Xoán]], en tanto que nos reversos se amosa un [[Anxo (cristianismo)|anxo]] sentado [[Sepultura (enterramento)|sepulcro]] de Cristo. Porén, os grandes mestres subseguintes acharon conveniente copiar os tipos venecianos dun xeito máis preciso, primeiro en [[Rodas]] e despois en [[Malta]].<ref>Friedberg, R. (2017): "Rhodes and Malta".</ref>
Liña 47:
Ao principio, os ducados do tipo húngaro cuñados nos Países Baixos amosaban nos seus anversos unha figura en pé coa [[Coroa (ornamento)|coroa]] e a [[machada]] de batalla que San Ladislao Levaba nos exemplares húngaros, mais cunha lenda diferente, e, do mesmo xeito que nos ducados húngaros orixinais (non dos contemporáneos), nos reversos portaban o escudo de armas da provincia emisora.<ref>Porteus, J. (1969). Páxina 187 e ilustración 213.</ref>
 
Esta tipoloxía evolucionou ata uns anversos coa figura dun [[cabaleiro]] en pé que sostén unha [[espada]] e sete [[Seta|setasseta]]s, que representan as sete provincias da unión, coa lenda <small>CONCORDIA RES PARVÆ CRESCUNT</small> ("con concordia, as cousas pequenas aumentan"), acurtada de diversas maneiras, así como o nome ou un símbolo da provincia emisora. Os reversos amosan unha cartela cunha lenda invariable: <small>MO[NETA] ORDI[NUM] PROVIN[CIARVM] FOEDER[ATORVM] BELG[ICARVM] AD LEG[EM] IMP[ERII] ("</small>moeda de ouro das provincias federadas de Bélxica consonte a lei do reino").<ref>Hobson, B. (1971). Páxina 88 e ilustración 104.</ref>
 
No período napoleónico, tanto a [[República Bátava]] como [[Luís Bonaparte]] continuaron a cuñaxe de ducados con estes deseños, aínda que a súa produción cesou durante a anexión dos Países Baixos ao [[Primeiro Imperio Francés|Imperio]] [[Primeiro Imperio Francés|Francés]]. Logo da derrota de Napoleón, o [[Reino dos Países Baixos]] continuou a emitir ducados, a modo de moeda de comercio ou de investimento.<ref>Hobson, B. (1971). Páxina 187 e ilustración 243.</ref>