Ducado (moeda): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Moedagalega (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 40:
Hungría continuou a bater ducados de 3.53133 gramos e cunha pureza do 98,6 % de ouro fino. De xeito diferente aos deseños invariables dos ducados de Venecia, o escudo de armas dos reversos dos ducados húngaros modificábase con frecuencia para reflectir diversas circunstancias. En [[1470]], [[Matías Corvino]] substituíu o escudo de armas por unha representación da [[Virxe María]].<ref>[[Philip Grierson|Grierson, P]]. (1991). Páxina 212.</ref>
 
As reformas monetarias do emperador [[Maximiliano I de Habsburgo|Maximiliano]] deron lugar ao inicio da cuñaxe de ducados de ouro en Austria a partir de [[1511]].<ref>The Coin Atlas, Cribb, J.; Cook,B.; and[[Ian Carradice|Carradice, pageI]]. (1990). Páxina 88.</ref> Hungría bateu ducados ata [[1915]], mesmo baixo [[Imperio Austrohúngaro|administración austríaca]]. Estas moedas foron utilizadas como moeda de comercio e recuñáronse posteriormente en varias ocasións, mantendo a data inalterada.<ref>Standard Catalog of World Coins, Chester Krause and Clifford Mishler, Trade Coinage section of the listings for Hungary</ref><ref>Friedberg, R. (2017): "Austria".</ref><ref>"[httphttps://coinquest.com/cgi-bin/cq/coins.pl?main_coincoin=1510 Austria 4 Ducat 1867 to 1915]". En ''CoinQuest.com''.</ref>
 
=== Ducados dos Países Baixos ===
A [[Revolta dos Países Baixos]] trouxo consigo que as sete provincias do norte tivesen o control da cuñaxe de moeda. No entanto, o derrubamento do goberno de [[Francisco de Anjou]] en [[1583]] deixounas sen un gobernante constitucional baixo o cal emitir esas moedas. Neste contexto, as provincias optaron polo recurso de imitar [[Divisa|moedas estranxeiras]] de grande aceptación. Para evitar complicacións políticas, copiaron moedas xa obsoletas na época, como as de ouro dos [[Reis Católicos]], que estaban cuñadas baixo o padrón do ducado e que, así mesmo, recibiron esa mesma denominación.<ref>Coins in HistoryPorteus, JohnJ. Porteous,(1969). pagesPáxina 184.</ref> Copiaron tamén os ducados húngaros, e estas últimas imitacións tiveron máis influencia nas posteriores amoedacións das [[Provincias Unidas]]. Desde que os Países Baixos se converteron nun país internacionalmente dominante no comercio, a influencia destes ducados pasou a ser global.<ref>A Companion to the Global Renaissance,Jyotsna G. Singh ed(2009)., pagePáxina 265.</ref>
[[Ficheiro:Nederland_gouden_dukaat_1724_VOC_scheepswrak_Akerendam.jpg|dereita|miniatura|'''Ducado''' [[Países Baixos|neerlandés]] de [[1724]], da [[Real Casa da Moeda dos Países Baixos|ceca de Utrecht]]]]
Ao principio, os ducados do tipo húngaro cuñados nos Países Baixos amosaban nos seus anversos unha figura en pé coa coroa e a machada de batalla que San Ladislao Levaba nos exemplares húngaros, mais cunha lenda diferente, e, do mesmo xeito que nos ducados húngaros orixinais (non dos contemporáneos), nos reversos portaban o escudo de armas da provincia emisora.<ref>Coins in HistoryPorteus, JohnJ. Porteous,(1969). pagePáxina 187 ande illustrationilustración 213.</ref>
 
Esta tipoloxía evolucionou ata uns anversos coa figura dun [[cabaleiro]] en pé que sostén unha [[espada]] e sete [[Seta|setas]], que representan as sete provincias da unión, coa lenda <small>CONCORDIA RES PARVÆ CRESCUNT</small> ("con concordia, as cousas pequenas aumentan"), acurtada de diversas maneiras, así como o nome ou un símbolo da provincia emisora. Os reversos amosan unha cartela cunha lenda invariable: <small>MO[NETA] ORDI[NUM] PROVIN[CIARVM] FOEDER[ATORVM] BELG[ICARVM] AD LEG[EM] IMP[ERII] ("</small>moeda de ouro das provincias federadas de Bélxica consonte a lei do reino").<ref>Historic Gold Coins of the WorldHobson, BurtonB. Hobson,(1971). pagePáxina 88 ande illustrationilustración 104.</ref>
 
No período napoleónico, tanto a [[República Bátava]] e [[Luís Bonaparte]] continuaron a cuñaxe de ducados con estes deseños, aínda que a súa produción cesou durante a annexation dos Países Baixos ao [[Primeiro Imperio Francés|Imperio]] [[Primeiro Imperio Francés|Francés]]. Logo da derrota de Napoleón, o [[Reino dos Países Baixos]] continuou a emitir ducados, a modo de moeda de comercio ou de investimento.<ref>Historic Gold Coins of the WorldHobson, BurtonB. Hobson,(1971). pagePáxina 187 ande illustrationilustración 243.</ref>
 
=== Ducados españois ===