Ducado (moeda): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Moedagalega (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 36:
Logo do asasinato de [[Amadeo Aba]] a mans de [[Henckel von Donnersmarck|Henckels]] en [[1311]], [[Carlos I de Hungría]] comezou as súas cuñaxes en ouro aproveitando o metal das antigas minas de Aba. O seu fillo, [[Luís I de Hungría]], mantivo a pureza do ouro, aínda que cambiou os deseños ao substituír a figura de San Xoán en pé dos floríns por outra de [[Ladislao I de Hungría|San Ladislao]], e máis tarde mudando a [[flor de lis]] de Florencia polo seu [[escudo de armas]].<ref>Porteus, J. (1969). Ilustración 126.</ref>
 
No [[século XV]] produciuse unha distinción entre as denominacións dos floríns de ouro puro e as imitacións desvalorizadas desta moeda, segundo a cal as máis puras pasaron a chamarse ducados e as de peor calidade floríns (en [[Lingua alemá|alemán]]: ''gulden;'' en [[Lingua húngara|húngaro]]: ''forint'').<ref>Porteus, J. (1969). Páxina 132.</ref> O [[Sacro Imperio Romano Xermánico|emperador]] [[Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico|Carlos V]] recoñeceu esta distinción en [[1524]] ao emitir ducados baixo o padrón veneciano, cun valor o 39 % máis alto que o do florín.<ref>The Coin Atlas, Cribb, J.; Cook,B.; and[[Ian Carradice|Carradice, pageI]]. (1990). Páxina 99.</ref> O seu irmán máis novo, [[Fernando I, Sacro Emperador Romano-Xermánico|Fernando I]], levou este sistema a Hungría en [[1526]], cando herdou o seu trono.<ref>Gold Coins of the World, Friedberg, sectionR. on(2017): "Hungary-Habsburg Rulers". </ref> A súa pureza fixo o ducado húngaro fose aceptado en toda Europa. Mesmo o alto tesoureiro de [[Escocia]] deixou rexistrados os ducados que o seu rei utilizaba para o [[Xogo de azar|xogo]].<ref>Coins of Medieval Europe, Philip Grierson, page 213.</ref>
 
Hungría continuou a bater ducados de 3.53133 gramos e cunha pureza do 98,6 % de ouro fino. De xeito diferente aos deseños invariables dos ducados de Venecia, o escudo de armas dos reversos dos ducados húngaros modificábase con frecuencia para reflectir diversas circunstancias. En [[1470]], [[Matías Corvino]] substituíu o escudo de armas por unha representación da [[Virxe María]].<ref>Coins of Medieval Europe, Philip Grierson, page 212.</ref>
 
As reformas monetarias do emperador [[Maximiliano I de Habsburgo|Maximiliano]] deron lugar ao inicio da cuñaxe de ducados de ouro en Austria a partir de [[1511]].<ref>The Coin Atlas, Cribb, Cook and Carradice, page 88.</ref> Hungría bateu ducados ata [[1915]], mesmo baixo [[Imperio Austrohúngaro|administración austríaca]]. Estas moedas foron utilizadas como moeda de comercio e recuñáronse posteriormente en varias ocasións, mantendo a data inalterada.<ref>Standard Catalog of World Coins, Chester Krause and Clifford Mishler, Trade Coinage section of the listings for Hungary</ref><ref>Gold Coins of the World, Robert Friedberg, listingsR. for(2017): "Austria".</ref><ref>[http://coinquest.com/cgi-bin/cq/coins?main_coin=1510 Austria 4 Ducat 1867 to 1915]</ref>
 
=== Ducados dos Países Baixos ===
Liña 111:
*[[Carmen Alfaro Asins|Alfaro Asins, C]]. et al. (2009). ''Diccionario de numismática''. Ministerio de Cultura. Madrid. ISBN 978-84-8181-405-7
*Chamberlain (1960). ''The Teach Yourself Guide to Numismatics.'' English Universities Press.
*Cribb, J.; Cook,B.; [[Ian Carradice|Carradice, I]]. (1990). ''The Coin Atlas''. Facts on File. Páxina 99. ISBN 978-0816020973
*Cuhaj, G. S. (1009). Standard Catalog of World Coins 1601-Present. 6ª ed. ISBN 9781440204241
*Friedberg, R. (2017). ''Gold Coins of the World''. The Coin & Currency Institute. ISBN 9780871843098