Diferenzas entre revisións de «Janica Kostelić»

m
→‎Traxectoria: Arranxos varios
m
m (→‎Traxectoria: Arranxos varios)
Nada nunha familia deportiva de deportes de inverno: o seu pai, [[Ante Kostelić]], é tamén o seu adestrador, e o seu irmán, [[Ivica Kostelić]], é tamén esquiador profesional.
 
Despois dunha operación no xeonllo en 2001, tivo que facer unha pausa e na tempada 2002 entrou tarde, así todo, no ano olímpico. Nos [[Xogos Olímpicos de Inverno de 2002|Xogos Olímpicos de Salt Lake City 2002]], nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], Kostelić logrou tres medallas de ouro na combinada, slálom e slálom xigante, e unha medalla de prata en superxigante (super G).
 
En 2003, no [[Campionato Mundial de Esquí Alpino de 2003]] de [[St. Moritz]] ([[Suíza]]) Kostelić converteuse na campioa do mundo no slálom e na combinada. A comezos de 2004, unha lesión levouna ao [[quirófano]] para practicarlle unha operación no xeonllo que lle provocou, de novo, unha interrupción na súa carreira deportiva.
 
No [[Campionato Mundial de Esquí Alpino de 2005]] disputado en [[Bormio]] ([[Italia]]), Kostelić foi a campioa do mundo de novo na combinada e no slálom, así como no descenso, neste caso por primeira vez. Nas súas vitorias no descenso e no slálom, conseguiu a mellor marca. Este fito no se realizara nunca na historia dos Campionatos mundiais.
 
Nos [[Xogos Olímpicos de Inverno de 2006|Xogos Olímpicos de Turín 2006]] chegou como unha das favoritas e conquistou unha medalla de prata no superxigante. Con catro medallas de ouro e dúas medallas de prata converteuse na esquiadora alpina máis laureada na historia dos Xogos Olímpicos de Inverno.
 
Na [[Copa do Mundo de Esquí]], Janica Kostelić, gañou trinta probas, destas vinte veces no slálom, dúas no slálom xigante, unha no superxigante, unha no descenso, dúas na supercombinada e catro na combinada clásica.
 
En 2005 a final da Copa do Mundo terminou cun duelo entre Kostelić e a sueca [[Anja Paerson]], sendo Paerson a que conquistou o Globo de Cristal con só tres puntos de diferenza.
 
En 2005 e 2006 Kostelić gañou nas cinco disciplinas: slálom, slálom xigante, superxigante, descenso, a combinada (combinada clásica: descenso e unha carrera de slálom; supercombinada: superxigante e unha carrera de slálom). Con todo isto, Kostelić é a única esquiadora (además da austríaca [[Petra Kronberger]]) que gañou en cinco disciplinas na mesma tempada, mais Kostelić ten as vitorias na combinada e a supercombinada na mesma tempada.
Foi a única muller que conquistou catro medallas de ouro en esquí alpino nos Xogos Olímpicos de Inverno e a única esquiadora que conquistou tres medallas olímpicas de ouro nun ano (2002).
 
Foi campioa da Copa do Mundo en 2001, 2003 e 2006. O 15 de xaneiro de 2006 converteuse na terceira muller na historia da Copa do Mundo (despois da sueca [[Pernilla Wiberg]] e a austríaca [[Petra Kronberger]]) que gañou nas cinco disciplinas da Copa do Mundo.
 
O 5 de febreiro converteuse tamén na segunda esquiadora (despois de Kronberger) que gañou competicións nas cinco disciplinas nunha mesma tempada. No ano 2006, ademais, foi galardoada cun [[Premios Laureus|Premio Laureus]].
393.002

edicións