Gachalá: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 29:
|sitio web = [http://www.gachala-cundinamarca.gov.co/ Páxina oficial]
}}
'''Gachalá''' é un concello [[Colombia|colombianocolombia]]no do [[Departamentos de Colombia|departamento]] de [[Cundinamarca]], que se atopa na Provincia do Guavio, a 120 [[Quilómetro|km]] ó leste de [[Bogotá]]. Gachalá é coñecida como a "Capital Hidroeléctrica de Colombia".
 
== Toponimia ==
Liña 37:
 
=== Fundación ===
Na [[Historia precolombiana de Colombia|época precolombiana]], o territorio do actual concello de Gachalá estivo habitado polos indíxenas chíos, da comunidade [[Pobo muisca|muisca]]. A principios do ano [[1700]], a área de Gachalá foi abandonada polos seus habitantes, quen consideraron as súas terras estériles e moi montañosas, polo que decidiron desprazarse cara a terreos máis fértiles no que hoxe se coñece como Mámbita e os seus arredores.
 
En [[1804]], Mariano de Mendoza y Bueno, a quen se lle atribúe a fundación de Gachalá, solicitou ó [[vicerrei]] Antonio José Amar y Borbón a doazón destas terras co propósito de fundar a poboación. Seis anos máis tarde, o vicerrei, por decreto do [[22 de febreiro]] de [[1810]], decide elevar a Gachalá á categoría de parroquia e ordena librar o título correspondente.
 
A poboación orixinouse nunha misión de relixiosos [[Compañía de Xesús|xesuítas]] que se estabeleceu alí en [[1810]]. Tamén se acepta ó presbítero José Ignacio de la Barrera como fundador en [[1819]].