Henrique III, Emperador: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios, replaced:

(10)
Liña 1:
{{biografía}}
'''Henrique III''', nado o [[29 de outubro|28 de outubro]] de [[1016]] ou [[1017]] e finado o [[5 de outubro|5 de outubro de]] [[1056]], chamado '''o Negro''' ou '''o Piadoso''', foi un emperador do [[Sacro Imperio Romano Xermánico]] da [[dinastía Sálica]].

== Traxectoria ==
Foi o primeiro fillo de [[Conrado II, Emperador|Conrado II de Alemaña]] e de [[Xisela de Suabia]]. O seu pai nomeouno [[Lista dos duques de Baviera|duque de Baviera]] ([[1027]] - [[1042]]) e [[Ducado de Suabia|duque de Suabia]] ([[1038]] - [[1045]]). Na [[Pascua cristiá|Pascua]] de [[1028]] tamén o nomeou co-rei de Alemaña e fíxoo coroar na catedral de [[Aquisgrán]] polo [[Arcebispado de Colonia|arcebispo de Colonia]].

Á morte do seu pai o [[4 de xuño|4 de xuño de]] [[1039]], converteuse no único gobernador do reino e en [[1046]] foi coroado [[emperador]] en [[Roma]] polo [[Clemente II, papa|papa Clemente II]]. Enfrontouse a [[Hungría]], que se converteu no seu feudo ao expandir a fronteira dos seus dominios ata o [[río Leitha]]. Tamén loitou contra os duques para manter o poder imperial.

Casou con [[Gunilda de Dinamarca]], filla do rei [[Canuto o Grande]], en [[1306]]. Despois da morte de Gunilda, dous anos despois casou con [[Inés de Poitou]], filla do [[Ducado de Aquitania|duque de Aquitania]]. Entre os fillos deste segundo matrimonio están o futuro emperador [[Henrique IV do Sacro Imperio Romano Xermánico|Henrique IV]] e [[Judit de Suabia]].

Henrique tiña un longo pelo e barba negra, de onde probabelmente lle vén o alcume de "o Negro".

=== Comezos ===
Henrique naceu no [[1017]], fillo de Conrado o Sàlico e de Xisela de Suabia. En [[1024|1024 o]] seu pai foi elixido rei de Alemaña, e desde entón Henrique recibiu unha ampla formación e foi preparado para o suceder no trono. O seu pai incluíuno entre os seus conselleiros e deulle responsibilidades de goberno. Á morte de [[Henrique V de Baviera]], en [[1027]], foi nomeado [[Lista dos duques de Baviera|duque de Baviera]] (como Henrique VI), e á morte de Herman IV de Suabia en [[1038|1038,]], recibiu tamén o ducado de Suabia (como Henrique I).

Para asegurar o mantemento da súa dinastía, Henrique II nomeouno "[[Rei de romanos|rei dos romanos]]" (co-rei e sucesor) con só once anos. O arcebispo de Colonia coroouno en abril de [[1028]] en Aquisgrán, e os nobres aceptárono como herdeiro do trono.

Como parte dunha alianza con [[Canuto o Grande]] de Dinamarca, o seu pai casouno en [[1037]] coa súa filla, Gunilda de Dinamarca. Ao ano seguinte, a parella acompañou a Conrado II nunha campaña no sur de Italia, e durante a viaxe de volta, Gunilda morreu dunha epidemia que se estendeu entre o exército imperial.

Coa morte sen descendentes de [[Rodolfo III de Borgoña]], Conrado II logrou incorporar o reino ao Imperio. No outono de [[1038|1038,]], Henrique foi nomeado rei de Borgoña polo seu pai.

En xuño de [[1039]] faleceu o seu pai Conrado II, e Henrique II foi recoñecido como herdeiro nos reinos de Alemaña, Borgoña e Italia.
Liña 24:

=== Reinado ===
A primeira campaña militar de Henrique foi contra [[Bohemia]], onde o duque [[Bretislao]] aproveitou a confusión despois da morte de Conrado para conquistar Polonia, saquear [[Cracovia]] e intentar consolidar un imperio baixo o seu dominio. Aínda que os primeiros enfrontamentos foron desfavorábeis para Henrique, ao final conseguiu facer entrar as tropas alemás en Bohemia por tres columnas: [[Messien]], Baviera e Austria. Cando os exércitos chegaron a [[Praga]] Bretislao rendeuse e someteuse a Henrique, pagándolle unha compensación de 4.000 marcos de ouro. Desde entón Bretislao foi fiel a Henrique e estivo a miúdo na súa corte e nas súas campañas.

Máis tarde, interviu no reino de Hungría, que desde a morte do seu fundador [[Estevo I de Hungría|Estevo I]] se atopaba en guerra civil entre os partidarios do sobriño e herdeiro de Estevo, [[Pedro Orseolo]], e os que se opuñan á súa orientación cristiá e á influencia alemá. Os rebeldes deron feito a expulsar a Pedro en [[1041]], pero en 1044 Henrique derrotounos á beira do ''Raba'' e restituíu a Pedro. Para celebrar a vitoria, Henrique vestiuse de penitente e cruzou o campo de batalla descalzo para se ir axeonllar ante un anaco da vera cruz e cantar o ''[[Kýrie eleison]]''. Despois perdoou aos seus inimigos e invitou aos seus soldados a facer o mesmo.

Aínda que a situación en Hungría continuaba a ser caótica e en [[1044]] Pedro Orseolo morrería a mans dos rebeldes pagáns, sucedeuno outro membro da [[dinastía Arpad]] [[André I de Hungría]] que aceptou a supremacía do emperador e continuou defendendo o cristianismo.

Despois de loitar contra as insurreccións en [[Lorena]], Henrique desprazouse a Italia. A situación en Roma era caótica debido á corrupción da curia, o que levou a que houbese tres papas vivos ao mesmo tempo: o papa [[Bieito IX, papa|Bieito IX]] fora expulsado por un levantamento popular. Grazas aos subornos feitos pola súa poderosa familia, o papa [[Silvestre III, papa|Silvestre III]] chegou ao papado, pero foi expulsado cando volveu Bieito IX. Pero Bieito, sen vocación polo cargo e desexando casar, cedeu o papado a [[Gregorio VI, papa|Gregorio VI]] a cambio dunha importante cantidade de diñeiro. As cousas complicáronse cando Bieito quixo recuperar o cargo, polo que con Silvestre había tres papas rivais: un con sede en [[Basílica de San Pedro|San Pedro no Vaticano]], outro en [[Basílica de Santa María a Maior de Roma|Santa María Maior]] e outro en [[Basílica de San Xoán de Latrán|San Xoán de Latrán]].

Nun concilio en [[Sutri]], Henrique impuxo a elección dun novo papa para acabar co cisma. Escolleu o alemán [[Clemente II, papa|Clemente II]], cuxo primeiro acto foi coroar ao emperador e investilo patricio dos romanos, co poder de nomear papas que ata entón ostentara a nobreza romana. Henrique non utilizou a nova atribución, xa que Clemente morreu ao ano seguinte. Todos os papas que Henrique nomeou para sucedelo eran alemáns e reformistas.
[[Ficheiro:SargHeinrichDrei.jpg|miniatura|230x230px| Sarcófago de Henrique III en [[Goslar|Goslar.]]. |alt=]]
Morreu en [[1056]] e sería sucedido polo seu fillo [[Henrique IV do Sacro Imperio Romano Xermánico|Henrique IV]], de seis anos, baixo a rexencia da súa nai Inés de Aquitania.

=== Familia ===
Liña 43:

==== Nupcias e descendentes ====
En [[1036]] casou con Gunilda de Dinamarca, a filla de [[Canuto o Grande]]. Tiveron unha filla:

* Beatriz (1037-1061) converteríase en abadesa dos mosteiros de [[Gandersheim]] e [[Quedlinburg]].

En [[Década de 1040|1043]] casou en segundas nupcias con [[Inés de Poitou|Inés]], filla do duque [[Guillerme V de Aquitania]]. Os fillos da parella foron:

* Adelaida (1045-1096), futura abadesa de Gandersheim e Quedlinburg.
Liña 61:
* [[Hagen Keller]]: ''Zwischen regionaler Begrenzung und universalem Horizont. Deutschland im Imperium der Salier und Staufer 1024 bis 1250'' (= ''Propyläen-Geschichte Deutschlands.'' Bd. 2). Propyläen-Verlag, Berlin 1986, ISBN 3-549-05812-8 {{de}}.
* [[Stefan Weinfurter]]: ''Das Jahrhundert der Salier 1024–1125: Kaiser oder Papst?'' Thorbecke, Ostfildern 2004, ISBN 3-7995-0140-1 {{de}}.
* [[Matthias Becher]]: ''Heinrich III. (1039–1056).'' In: [[Bernd Schneidmüller]], [[Stefan Weinfurter]] (Hrsg.): ''Die deutschen Herrscher des Mittelalters. Historische Porträts von Heinrich I. bis Maximilian I.'' Beck, München 2003, ISBN 3-406-50958-4, pp.  136–153 {{de}}.
* Jan Habermann (Hrsg.): ''Kaiser Heinrich III. Regierung, Reich und Rezeption'' (= ''Beiträge zur Geschichte der Stadt Goslar/Goslarer Fundus.'' Bd. 59). Verlag für Regionalgeschichte, Bielefeld 2018, ISBN 978-3-7395-1159-7. {{de}}.
* [[Gerhard Lubich]], Dirk Jäckel (Hrsg.): ''Heinrich III. Dynastie – Region – Europa'' (= ''Forschungen zur Kaiser- und Papstgeschichte des Mittelalters.'' Bd. 43). Böhlau, Köln u. a. 2018, ISBN 978-3-412-51148-7 {{de}}.
* Johannes Laudage: ''Heinrich III. (1017–1056). Ein Lebensbild.'' In: ''Das salische Kaiser-Evangeliar, Kommentar Bd. 1.'' Herausgegeben von Johannes Rathofer. Verlag Bibliotheca Rara, Madrid 1999, pp.  87–145 {{de}}.
* [[Rudolf Schieffer]]: ''Heinrich III. 1039–1056''. In: [[Helmut Beumann]] (Hrsg.): ''Kaisergestalten des Mittelalters.'' Beck, München 1984, ISBN 3-406-30279-3, S. 98–115 {{de}}.
* [[Ernst Steindorff (Historiker)|Ernst Steindorff]]: ''Jahrbücher des Deutschen Reichs unter Heinrich III.'' 2 Bände. Wissenschaftliche Buchgesellschaft, Darmstadt, 1963, ND von 1874 und 1881 (bislang einzige Biographie Heinrichs III {{de}}.
===Outros artigos===
* [[Pataria]].

{| class="toccolours" style="border-collapse: collapse; margin:0 auto;" cellspacing="0" cellpadding="4" border="1"
| rowspan="3" style="text-align: center;" width="30%" |Predescesor:

'''[[Conrado II, Emperador|Conrado II]]'''
| style="text-align: center;" width="40%" |'''[[Lista de reis xermánicos|Rei de Alemaña]]'''

[[1028]]-[[1053]]
| rowspan="3" style="text-align: center;" width="30%" |Sucesor:

'''[[Henrique IV, Emperador|Henrique IV]]'''

| style="text-align: center;" width="40%" |'''[[Rei de Italia]]'''

[[1039]]-[[1056]]

| style="text-align: center;" width="40%" |'''[[Lista de emperadores do Sacro Imperio Romano Xermánico|Sacro Emperador Romano]]'''

[[1046]]-[[1056]]

{{Commonscat}}

{{DEFAULTSORT:Henrique III, Emperador}}
{{control de autoridades}}

{{DEFAULTSORT:Henrique III, Emperador}}
[[Categoría:Reis de Italia]]
[[Categoría:Emperador do Sacro Imperio Romano]]