Pauto do demo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 47:
Decoración: a cociña da tasca do Farón é unha “cociña económica” de ferro, non de lareira. A Lucrecia anda coas potas. Beben e fuman Don Pancho, Tiberio, o Farón, O Carrizo, Epifanio e un músico. É pola noitiña, “máis lusque que fusque”.
 
Don Pancho é un señorito dun cincuenta e cinco anos que viviu en América. Tiberio é un mozo novo con buratos na pucha. O Carrizo é un home pequecho duns corenta anos. O Farón e o Epifanio son homes xa patróns.
 
Na conversa o Tiberio quere emigrar, a [[Guinea]], que está de moda. Fálase das Américas e de Guinea, dos moitos perigos que hai, todo esaxerado e con pouco coñecemento. Don Pancho fala en castelán.
Liña 56:
 
==== Cadro segundo ====
Decoración: na casa da Meiga de Torgán.
 
A cociña é moi similar á do primeiro cadro. A taberneira é a Nisclona, irmá do Crisanto. Nunha mesa están o Farón, o Carrizo, A Lucrecia, Epifanio, a Subela, o músico, o Píndaro, acabados de chegar. Noutras mesas arrieiros, xateiros e labregos. Figúrase que no andar de arriba están a Meiga, o Crisanto, dúas testemuñas, o Rouco e a súa filla Heleniña. Despois chega o escribán. Desde abaixo escóitanse moi ben as falas dos de arriba.
 
Hai moito barullo e xente na taberna. A taberneira serve entre insultos. Escóitase contar á Meiga como viu ao secretario de [[Larouco]] discutir co demo no inferno. O Farón segue crendo que a Meiga ten pauto co demo. Entra o escribán e a Meiga empeza o traspaso do espírito de don Nicolás á Heleniña entre dores e dicires. Escóitase o escribán ler o documento do traspaso polo que cobra mil reais. A Meiga pide queimada. Os de abaixo comentan os feitos e quéixanse do viño que é moi malo. Tamén que a Meiga tivo tratos co grande Godallo. Segue a lectura do documento por parte do escribán. Escóitanse golpes e ouvea un lobo. Todos collen medo. A Heleniña berra de que a leva o demo, os golpes continúan. Todos pensan que é o demo, mesmo a Meiga que chama por el. A xente foxe arrepiada dicindo que cheira a xofre.