Animais: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Carl von Linné
m arranxiños
Liña 19:
}}
 
Un '''animal''' (do [[lingua latina|latín]] ''animus'', "espírito", ou "principio vital") é, segundo a clasificación clásica, un [[ser vivo]] [[heterótrofo]], é dicir, que se alimenta de substancias orgánicas. Hoxe en día resérvase o termo '''animais''' aos seres complexos e [[célula|multicelulares]], aínda que durante moito tempo se consideraban tamén os [[protozooprotozoos]]s como ''animais unicelulares''.
 
Nas [[taxonomía|clasificacións científicas dos seres vivos]] modernas, o [[Reino (bioloxía)|reino]] dos '''animais''' constitúe un amplísimo grupo de organismos cuxo [[taxon]] se denomina ''Animalia'' <ref>Cavalier-Smith, Thomas (1998): "A revised six-kingdom system of life", ''Biological Reviews'', Cambridge Philosophical Society, '''73''', (3), p. 208.</ref><ref>Sina M. Adl ''et al''. (2005): "The New Higher Level Classification of Eukaryotes with Emphasis on the Taxonomy of Protists", ''Journal of Eukaryotic Microbiology'', International Society of Protistologists, '''52''' (5), p. 415.</ref>, creado orixinalmente por [[Carl von Linné|Linné]] en [[1758]], ou ben ''Metazoa'', sinónimo creado por [[Ernst Haeckel|Haeckel]] en [[1874]]. Calquera que sexa o termo empregado, ou calquera que sexa a clasificación considearada ([[taxonomía|sistemática evolucionista]] ou [[Clado|cladista]]), os animais son consensuadamente descritos como organismos [[Eukaryota|eucariotas]], [[heterótrofo]]s, [[pluricelular]]es e [[tecido (bioloxía)|tisulares]] caracterizados pola súa capacidade para a [[locomoción]], pola ausencia de [[clorofila]] e de [[parede celular|parede]] nas súas [[célula]]s e polo seu [[desenvolvemento embrionario]], que atravesa unha fase de [[blástula]] e determina un plan corporal fixo (aínda que moitas especies poden sufrir posteriormente [[metamorfose]]s).
Liña 25:
Os animais forman un grupo natural estreitamente emparentado cos [[fungo (bioloxía)|fungos]] (''Fungi'') e as [[planta]]s (''Plantae''). É un dos catro [[Reino (bioloxía)|reinos]] do [[dominio (bioloxía)|dominio]] ''[[Eukaryota]]'', e a el pertence o [[homo sapiens|ser humano]].
 
A mobilidade é a característica que máis chama a atención dos membros do reino dos animais, pero non é exclusiva do grupo, o que dá lugar a que sexan nomeados a miúdo como animais certos organismos que pertencen ao reino dos [[protista]]sprotistas (''Protista''). (Véxase '''[[protistaprotistas]]''' e '''[[protozooprotozoos]]''').
 
Na fala coloquial emprégase o termo ''animal'' contrapoñéndoo ao termo ''humano'', pero débese ter en conta que desde o punto de vista [[Ciencia|científico]] o ser humano é unha especie máis do reino ''Animalia''.