Terra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta15)
m →‎Forma: arranxiños
Liña 62:
A [[forma da Terra]] é moi parecida á dun [[esferoide|esferoide oblato]], unha esfera [[Achatamento|achatada]] polos [[Polo xeográfico|polos]], resultando nun [[Avultamento ecuatorial|avultamento]] ao redor do [[Ecuador terrestre|ecuador]].<ref name="milbert_smith96"/> Este avultamento está causado pola rotación da Terra, e ocasiona que o diámetro no ecuador sexa 43 [[quilómetro|km]] máis longo que o diámetro dun [[Polo xeográfico|polo]] ao outro.<ref name="ngdc2006"/> Hai aproximadamente 22&nbsp;000 anos a Terra tiña unha forma máis esférica, a maior parte do [[hemisferio norte]] atopábase cuberto por xeo, e a medida que o xeo se derretía causaba unha menor presión na superficie terrestre na que se sostiñan causando isto un tipo de «rebote»,<ref name="fatter_Earth"/> este fenómeno seguiu ocorrendo ata a mediados da década de 1990 cando os científicos se decataron de que este proceso se inverteu, é dicir, o avultamento aumentaba, as observacións do satélite [[Gravity Recovery and Climate Experiment|GRACE]] mostran que polo menos desde 2002, a perda de xeo de [[Groenlandia]] e da [[Antártida]] foi a principal responsable desta tendencia.
 
A [[topografía]] local desvíase deste esferoide idealizado, aínda que as diferenzas a escala global son moi pequenas: a Terra ten unha desviación de aproximadamente unha parte entre 584, ou o 0,17%, desde o esferoide de referencia, que é menor á tolerancia do 0,22% permitida nas [[billar|bólas de billar]].<ref name="wpba2001"/> As maiores desviacións locais na superficie rochosa da Terra son o [[monte [[Everest]] (8&nbsp;848 m sobre o nivel local do mar) e o [[abismo de Challenger]], ao sur da [[foxa das Marianas]] (10&nbsp;911 m baixo o nivel local do mar). Debido á protuberancia ecuatorial, os [[cumio]]s terrestres máis afastados do centro da terra son o volcán [[monte Chimborazo|Chimborazo]] en [[Ecuador]] e a montaña [[Huascarán]] no [[Perú]].<ref name="ps20_5_16"/><ref name="lancet365_9462_831"/><ref name="tall_tales"/>
 
=== Tamaño ===