Vigo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
Sobreira (conversa | contribucións)
Liña 308:
A versión máis estendida cría que ''Vigo'' derivaba dun nome que lle deran os romanos: Vicus Spacorum ou Vicus Pacorum, mais esta é unha teoría xa rexeitada pola moderna historiografía{{cómpre referencia}} e nunca se atoparon documentos ou proba algunha que confirmase a realidade destes nomes ou calquera outro. Sábese que o termo ''vicus'', en [[latín]] era un nome común para dicir "aldea", "barrio" ou "vila sen murallas", e por iso existen tamén outros [[Vigo (homónimos)|37 lugares e parroquias]] chamados Vigo (ou derivados de ''vicus'') en [[Galicia]], ademais doutros lugares do mundo latinizado (principalmente [[Asturias]], [[Italia]] e [[Francia]]). ''Spacorum'' ([[xenitivo]] [[plural]] de ''Spacori'') era o nome da tribo que supoñían se asentaba nas terras próximas.
 
Tamén existe a teoría de que Vigo foi noutrora a cidade [[Imperio romano|romana]] de Burbida Magna, a cal era un importante porto comercial e con industrias de salga que se asentaba nas inmediacións da actual [[Colexiata de Santa María de Vigo|colexiata]]{{cómpre referencia}}.
 
Existen, porén, outras liñas de pescuda que salientan a opción de que o topónimo Vigo provén do vocábulo [[viquingo]] ''Úig'' que significa [[baía]].<ref>{{cita web|url=http://www.vigonoticias.com/el-origen-del-nombre-de-vigo/|título=El origen del nombre de Vigo|dataacceso=2 de xullo de 2015|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20160309053703/http://www.vigonoticias.com/el-origen-del-nombre-de-vigo/|dataarquivo=09 de marzo de 2016|urlmorta=si}}</ref>