Vigo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Sobreira (conversa | contribucións)
Liña 306:
Existen diversas teorías sobre a orixe do topónimo Vigo.
 
A versión máis estendida cría que ''Vigo'' derivaba dun nome que lle deran os romanos: Vicus Spacorum ou Vicus Pacorum, mais esta é unha teoría xa rexeitada pola moderna historiografía{{cómpre referencia}} e nunca se atoparon documentos ou proba algunha que confirmase a realidade destes nomes ou calquera outro. Sábese que o termo ''vicus'', en [[latín]] era un nome común para dicir "aldea", "barrio" ou "vila sen murallas", e por iso existen tamén outros [[Vigo (homónimos)|37 lugares e parroquias]] chamados Vigo (ou derivados de ''vicus'') en [[Galicia]], ademais doutros lugares do mundo latinizado (principalmente [[Asturias]], [[Italia]] e [[Francia]]). ''Spacorum'' ([[xenitivo]] [[plural]] de ''Spacori'') era o nome da tribo que supoñían se asentaba nas terras próximas.
 
Tamén existe a teoría de que Vigo foi noutrora a cidade [[Imperio romano|romana]] de Burbida Magna, a cal era un importante porto comercial e con industrias de salga que se asentaba nas inmediacións da actual [[Colexiata de Santa María de Vigo|colexiata]].