Mirza Ghalib: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Arranxos
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta15)
Liña 16:
[[Ficheiro:A copy of Ghalib's letter to Munshi Hargopal Tafta.jpg|miniatura|esquerda|Páxina dunha carta manuscrita de Ghalib]]
[[Ficheiro:Mirza_Ghalib's_tomb_in_Delhi.jpg|miniatura|Tumba de Mirza Ghalib en Delhi]]
Mirza Ghalib era un consumado escritor de cartas.<ref>{{cita web |url=http://www.hinduonnet.com/thehindu/br/2003/05/06/stories/2003050600090300.htm |título=Page at |editorial=Hinduonnet.com |data=6 de maio de 2003 |dataacceso=20 de maio de 2013 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20110730101659/http://www.hinduonnet.com/thehindu/br/2003/05/06/stories/2003050600090300.htm |dataarquivo=30 de xullo de 2011 |urlmorta=si }}</ref> Da autoría de Mirza Ghalib cóntanse non só poesías en urdú, senón tamén fragmentos de prosa. As súas cartas foron a base do urdú popular. Antes de Ghalib, as cartas escritas en urdú eran moi ornamentadas, en cambio Ghalib facía que as súas cartas "falasen" mediante o uso de palabras e oracións como se estivese conversando co seu lector. Segundo expresou: ''Sau kos se ba-zaban-e-qalam baatein kiya karo aur hijr mein visaal ke maze liya karo'' ("Dende centos de millas fala coa lingua da pluma e goza da ledicia do encontro aínda cando esteas separado").
 
As súas cartas eran moi informais; ás veces só escribía ao comezo o nome da persoa á que ía dirixida e comezaba a carta. Tiña moi bo humor e escribiu cartas moi interesantes. Nunha delas expresou: "Main koshish karta hoon ke koi aisi baat likhoon jo padhe khush ho jaaye'" ("Quero escribir liñas tales que quen sexa que as lea as poida gozar"). Algúns estudosos afirman que aínda que só fose polas súas cartas, Ghalib ocuparía o mesmo sitio que ten na literatura urdú.