Peto negro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Carl von Linné
m →‎Distribución: arranxiños
Liña 36:
== Distribución ==
[[Ficheiro:Dryocopus martius distr.PNG|miniatura|450px|Distribución xeográfica do peto negro]]
Viven en case todo o norte e centro do Paleártico, faltando en [[Islandia]] e as illas Británicas. A súa área de cría comeza no suroeste de Europa, en illas de poboación nas zonas montañosas do norte de España, continúa por boa parte de Francia, e o centro e leste do continente, seguindo pola [[taiga]] boreal ata [[Península de Kamchatka|Kamchatka]], e as illas de [[Sakhalín]], [[Hokkaido]] e o norte da de [[Honshu]]. No norte de Europa aparecen en [[Dinamarca]], boa parte de [[Noruega]], [[Suecia]], [[Finlandia]] e nas [[Repúblicas Bálticas]]. En [[Escandinavia]] as súas poboacións chegan ó [[Círculo Polar Ártico]]. No sur e Sueste de Europa aparecen nos Balcáns, na fronteira norte de [[Italia]] e nunha pequena área illada no suroeste deste estado. Non cría actualmente en ningunha illa mediterránea coa excepción da de [[Cefalonia]], e en [[Asia Menor]] crían só na [[montañas Pónticas]]. Son máis comúns no [[Cáucaso]], [[Transcaucasia]] e nas costas [[Irán|iranianos]] do mar [[Caspio]]. No leste de Asia crían ata á provincia setentrional china de [[Shanxi]], e acadan polo leste o norte de [[Corea do surSur]]. Poboacións illadas da variedade ''D. m. khamensis'' crían no oeste da cordilleira de [[Kunlun]], no nordeste do [[TibetTíbet]] e no noroeste do [[Sichuan]].
 
Escollen para criar tanto [[bosque alpino]]s coma bosques de zona baixas. En Centroeuropa, por exemplo, localizáronse [[niño]]s de peto negro a máis de 2200 metros de altura sobre o nivel do mar no [[cantón]] suízo de [[Graubünden]] <ref>HBV (1994) Bd. 9. S.&nbsp;972</ref>, aves da subespecie nominativa crían nos montes [[Altai]] por riba dos 3500 m. e as da variedade ''D. m. khamensis'' foron observadas por riba dos 4000.<ref>Günther (2002) S.&nbsp;5</ref>.