Ducado (moeda): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Moedagalega (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 13:
 
=== Ducados de Venecia ===
O [[dux]] de [[Venecia]] [[Enrico Dandolo]] introduciu unha variante do ducado de prata a partir do orixinal de Roger II. Porén, máis tarde, os ducados de ouro de Venecia chegaron a acadar tanta relevancia que o nome desta moeda chegou a asociarse case exclusivamente a eles, pasando os de prata a coñecerse conome de [[Grosso (moeda)|grosso]].<ref>Coins In HistoryPorteus, JohnJ. Porteous,(1969). pagesPáxinas 84 ande 86.</ref>
 
No [[século XIII]], os venecianos importaron mercadorías do Leste para faceren negocio con elas, revendéndoas ao norte dos [[Alpes]].<ref name="Porteous86">Coins In HistoryPorteus, JohnJ. Porteous,(1969). pagePáxina 86.</ref> Estas compras foron pagadas con [[moedas bizantinas]] de ouro, mais o [[Lista de emperadores bizantinos|emperador]] [[Miguel VIII Paleólogo]], cara a [[1282]], desvalorizou o hyperpyron.<ref>''Coins of Medieval Europe'', [[Philip Grierson|Grierson, pageP]]. (1991). Páxina 110.</ref> Esta só foi unha máis da serie de desvalorizacións desta moeda, ao que o Grande Consello de Venecia respondeu, en [[1284]], coa creación da súa moeda propia moeda de ouro puro: o ducado.<ref>Byzantine CoinsWhiting, P. D. Whiting,(1973). pagePáxina 232.</ref><ref name="Porteous86" />
 
[[Florencia]] e [[Xénova]] introduciran as súas propias moedas de ouro xa en [[1252]], e o [[florín florentino]] gozaba de recoñecemento en toda Europa. Venecia baseou o tamaño e o peso do seu ducado no florín de Florencia, cun lixeiro aumento de peso por mor das diferenzas nos sitemas ponderais utilizados en ambas as cidades. Deste xeito, o ducado veneciano naceu cun peso de 3,545 gramos e cunha pureza do ouro do 99,47 %, a máxima que se podía alcanzar na [[metalurxia]] da época.<ref name="Oxford">The Oxford Encyclopaedia of Economic History, page 112</ref>
 
A tipoloxía dos ducados venecianos de ouro deriva da que tiñan os primitivos de prata, de orixe bizantina. Os seus [[Anverso|anversos]] amosan unha imaxe do dux de Venecia axeonllado ante [[Marcos o Evanxelista|San Marcos]], o padrón de Venecia. Marcos sostén os [[Evanxeos]], que son o seu atributo habitual, e preséntalle un [[gonfalón]] ao dux. A lenda da esquerda identifica o santo como <small>S M VENET</small> ("San Marcos de Venecia") e a da dereita identifica o dux, amosando a palabra <small>DVX</small> no campo. Nos [[Reverso (moedas)|reversos]] aparece a imaxe de [[Cristo]] en pé entre un campo de [[Estrela (astronomía)|estrelas]], nun marco ovalado. A lenda inversa é a mesma que caracterizaba os ducados de Roger II.<ref>''Historic Gold Coins of the World''Hobson, BurtonB. Hobson,(1971). pagePáxina 39.</ref>
 
Os seguintes dux de Venecia continuaron cuñando ducados, cambiando só o seu nome nos anversos. Durante o [[Século XV|século]] [[Século XV|XV]], o valor do ducado en relación á moeda de prata estaba estabilizado en 124 [[Soldo (moeda)|soldos]] venecianos. Porén, o conflito entre [[Inglaterra]] e [[España]] en [[1567]] fixo aumentar o prezo do ouro e alterou esta equivalencia.<ref>''Coins in History'', John Porteous, page 174</ref> O dux [[Leonardo Loredano]] introduciu no sistema moedas de medio ducado e os seus sucesores engadiron a dun cuarto, así como diversos múltiplos; todas estas moedas continuaron a basearse nos deseños e no padrón ponderal dos ducados orixinais de 1284. Como caso particular, mesmo cando a aparición da data de cuñaxe se converteu nalgo ordinario nas moedas occidentais, Venecia continuou a emitilos sen indicación da data, ata que [[Napoleón I de Francia|Napoleón]] acabou coa República Veneciana en [[1797]].<ref>''Gold Coins of the World'', Robert Friedberg, listings for Italy-Venice</ref>
Liña 106:
*Chamberlain (1960). ''The Teach Yourself Guide to Numismatics.'' English Universities Press.
 
* [[Philip Grierson|Grierson, PhilipP.]] (1982). ''Byzantine Coins''. Methuen. Londres, 1982. ISBN 978-0-416-71360-2
*Grierson, P. (1991). ''The coins of Medieval Europe''. Seaby. ISBN 9781852640583
*Hobson, B. (1971). ''Historic Gold Coins of the World.'' Doubleday & Company. Nova York. ISBN 9780385081375
*Porteus, J. (1969). ''Coins in History''. Littlehampton. ISBN 978-0297178545
 
* Whiting, P. D. (1973). ''Byzantine Coins''. Whiting. Barrie & Jenkins. Londres. ISBN 0214653455
 
[[Categoría:Moedas da Idade Media]]