Manuel Lugrís Freire: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Maria zaos (conversa | contribucións)
m achego url persistente
Etiqueta: edición de código 2017
Sen resumo de edición
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través da aplicación móbil Edición desde aplicación iOS
Liña 38:
 
== Traxectoria ==
Foi fillo de Manuel Lugrís e Socorro Freire. O pai de Manuel tiña un almacén de sal no [[Porto (comunicacións)|porto]], pero perdeuno por problemas administrativos, polo que axiña chegaron as dificultades económicas. Así, ao remataracabar os estudos primarios, Manuel viuse obrigado a estudar para [[escribán]] no concello de [[Oleiros]], ataaté onde ía andando dendedesde a súa casa en [[Soñeiro, Sada|Soñeiro]]. É daquela cando escribe "Nociones generales de mitología".<ref name="RODRIGUEZ"/> Emigrou a [[Cuba]] aos vinte anos (1883), chamado polo seu irmán maior Plácido, entre as guerras. Alí traballou como contable na firma Otamendi Amiel, formou parte do Centro Galego dende [[1884]] e foi o director (e fundador) do primeiro xornal americano editado integramente en [[lingua galega]], ''[[A Gaita Gallega (revista)|A Gaita Gallega]]'' (1885-1889), tras colaborar con ''[[El Eco de Galicia (A Habana)|El Eco de Galicia]]'' de [[Waldo Álvarez Insua]], no que a súa primeira colaboración fora un poema intitulado "Nostalxia". A declaración de principios aparece no seu artigo "O noso pensamento". N´''A Gaita Gallega'' colaborou durante as primeiras seis entregas pero, pelexado con [[Ramón Armada Teixeiro]], deixouna. Foi un dos fundadores de ''[[La Tierra Gallega (1894)|La Tierra Gallega]]''. Foi tamén vogal da xunta directiva do [[Centro Gallego de La Habana]]. En [[Cuba]] publicou ''Soidades'' (poesías prologadas por [[Manuel Curros Enríquez]]), a novela curta ''O penedo do crime'' e ''A costureira da aldea'', obra de [[teatro]] [[costumismo|costumista]] que tamén se representou. Escribiu tamén a obriña ''De Galicia a [[Lavapiés]]'', en resposta a unha obra que pretendía ridiculizar os galegos.
 
Volveu á [[Galiza]] en [[1896]] acompañado da cubana de ascendencia española Concepción Orta Iglesias, instalouse na [[A Coruña|Coruña]] e continuou o seu labor literario, mentres que seguía empregándose como contábel. Ingresou na Sociedad Anónima Aguas de La Coruña, da que foi socio accionista e primeiro empregado. Relacionouse cos [[rexionalismo galego|rexionalistas]] coruñeses, tomando parte en todas as actividades [[Galeguismo (política)|galeguistas]] do momento, como a [[Cova Céltica]], xunto con [[Manuel Murguía|Murguía]], [[Eduardo Pondal|Pondal]] e outros. En [[1897]] entrou na directiva da [[Liga Gallega (A Coruña)|Liga Gallega da Cruña]], presidida por [[Salvador Golpe]], como secretario.