Pro-Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
Nova páxina: "{{Título en cursiva}} '''''Pro-Galicia''''' foi un periódico editado na Habana en 1912. == Historia e características == Editada polos colectivos La Unión Ma..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 13 de agosto de 2019 ás 20:34

Pro-Galicia foi un periódico editado na Habana en 1912.

Historia e características

Editada polos colectivos La Unión Mañonesa, Sociedad Ferrol y su Comarca e El Progreso de Coles, que integraban a Federación Galaica. Baixo o mesmo título aparecían os diversos boletíns independentes de información de cada sociedade. Informaba das actividades e funcionamento interno aos socios e ofrecía artigos de exaltación dos lugares aos que pertencían as sociedades. Publicou poemas de Curros Enríquez e artigos en castelán sobre Rosalía de Castro, Manuel Murguía e Leiras Pulpeiro. Durou só uns meses e foi substituída ao ano seguinte por Labor Gallega.

Véxase tamén

Bibliografía