Os '''iroqueses'''<ref>[{{Cita web |url=https://digalego.xunta.gal/digalego/Html/index.php?op=ver&id=37815&opcion=entrada&entrada=iroqués%C3%A9s%20-sa |título=Entrada iroqués en Digalego] |data-acceso=13 de agosto de 2019 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20170818173512/https://digalego.xunta.gal/digalego/Html/index.php?op=ver&id=37815&opcion=entrada&entrada=iroqu%C3%A9s%20-sa |dataarquivo=18 de agosto de 2017 |urlmorta=si }}</ref> ou '''haudenosaunee''' son unha histórica e poderosa confederación [[Pobos indíxenas de América|nativa americana]] do nordeste do continente. Eran coñecidos durante a era colonial francesa como ''Liga iroquesa'', e posteriormente como ''Confederación iroquesa'', mentres que os colonos ingleses referíanse a eles como ''Cinco nacións'' (antes de 1722) e ''Seis nacións'', comprendendo os pobos [[Pobo mohawk|mohawk]], [[pobo onondaga|onondaga]], [[pobo oneida|oneida]], [[pobo cayuga|cayuga]], [[pobo seneca|seneca]] e [[pobo tuscarora|tuscarora]].
Os iroqueses absorveron numerosos pobos á súa cultura como resultado de guerras, a adopción de prisioneiros e a acollida de pobos desprazados.