Diferenzas entre revisións de «Club Patín Cerceda»

O 24 de outubro de [[2015]] o equipo cercedense comezou a súa segunda participación na [[Copa CERS]] fronte ao [[ASD Pattinomania Matera]] no [[Sportintenda]] de [[Matera]] ([[Italia]]), que no momento lideraba a [[Liga italiana de hóckey a patíns|Serie A1]] italiana.<ref>{{Cita noticia |url=https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/cerceda/2015/10/24/patin-cerceda-juega-italia-frente-matera-copa-cers-europea/0003_201510C24C10994.htm |título=El Patín Cerceda juega en Italia frente el Matera en la Copa CERS europea |xornal=[[La Voz de Galicia]] |data=24 de outubro de 2015 |dataacceso=10 de novembro de 2018 |lingua=es}}</ref> No partido de ida o equipo de [[Juan Copa]] caeu por 5-1 en terras italianas, tendo que remontar catro goles no González Laxe para pasar á segunda rolda, unha remontada histórica que faría pasar da primeira rolda de competición aos cercedenses por primeira vez na súa historia.<ref>{{Cita noticia |url=https://www.laopinioncoruna.es/deportes/2015/11/28/remontar-cuatro-goles-mision-cerceda/1018173.html |título=Remontar cuatro goles, misión para el Cerceda ante el Matera |nome=María |apelidos=Varela |xornal=[[La Opinión (A Coruña)|La Opinión]] |data=28 de novembro de 2015 |dataacceso=10 de novembro de 2018 |lingua=es}}</ref> Con todo, o Patín Cerceda acabou caendo tamén na súa casa por 2-3, nun partido igualadao ao descanso (1-1), e no que o equipo galego plantou cara en todo momento ao conxunto italiano.<ref>{{Cita noticia |url=http://stadiosport.opennemas.com/articulo/hockey/despedida-da-cers-merecendo-algo-mais/20151129010210048175.html |título=Despedida da CERS merecendo algo máis |xornal=Stadio Sport |data=29 de novembro de 2015 |dataacceso=10 de novembro de 2018 |lingua=gl}}</ref>
 
Na liga, o equipo dirixido por Juan Copa conseguiu a permanencia a falta de tres xornadas para a conclusión da liga logo dunha dura tempada na que o equipo chegou a ocupar os postos de descenso, pero na que chegou á recta final con opcións de clasificarse para a Copa CERS por terceiro ano consecutivo.<ref>{{Cita noticia |url=https://www.laopinioncoruna.es/deportes/2016/05/17/adn-cerceda-competir-200/1070383.html |título="El ADN del Cerceda es saber competir, lo hacemos al 200%" |nome=María |apelidos=Varela |xornal=[[La Opinión (A Coruña)|La Opinión]] |data=17 de maio de 2016 |dataacceso=10 de novembro de 2018 |lingua=es}}</ref> De entre os mellores momentos do equipo na tempada 2015-16 salientou a segunda vitoria fronte ao Liceo da Coruña, o equipo do que xurdira o club cercedense, por 5-4, reeditando así a vitoria sobre os herculinos da tempada precedente.<ref>{{Cita novas |url=https://www.galiciadeportiva.es/el-cp-cerceda-se-lleva-el-derbi-ante-el-liceo-5-4 |título=El CP Cerceda se lleva el derbi ante el Liceo (5-4) |editorial=galiciadeportiva.es |data=21 de marzo de 2016 |dataacceso=13 de agosto de de 2019 |lingua=es}}</ref>
 
En xullo de [[2016]] o Patín Cerceda víase obrigado a renunciar á súa praza na máxima categoría do hóckey a patíns español, a pesar de que conseguíraa manter na cancha grazas á reacción do equipo na fase final do campionato, logo da cal o equipo conseguiu finalizar na undecima posición. Os motivos da renuncia foron principalmente económicos, cando o corpo técnico comezou a preparar a seguinte tempada. Nun comunicado no que fixo pública a súa renuncia, o club agradeceu o apoio recibido nos seus seis anos de existencia:<ref>{{Cita noticia |url=https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/cerceda/2016/07/16/triste-adios-cerceda-ok-liga/0003_201607C16C8997.htm |título=Triste adiós del Cerceda a la OK Liga de hockey |nome=José M. |apelidos=Ferreiro |xornal=[[La Voz de Galicia]] |data=16 de xullo de 2016 |dataacceso=10 de novembro de 2018 |lingua=es}}</ref><ref name="anuncio">{{Cita noticia |url=https://www.mundodeportivo.com/hockey-patines/20160715/403235040845/el-cp-cerceda-anuncia-que-no-competira-en-ok-liga-esta-temporada.html |título=El CP Cerceda no competirá en OK Liga |xornal=[[Mundo Deportivo]] |data=15 de xullo de 2016 |dataacceso=10 de novembro de 2018 |lingua=es}}</ref>
29.407

edicións