Videoxogo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Teoría: texto traducido desde a wiki .es:Videojuego#Teoría
Liña 91:
{{Artigo principal|Videoxogo independente}}
Nun mercado dominado polas grandes distribuidoras de videoxogos, cabe destacar nesta última década o auxe dos videoxogos independentes (tamén coñecidos como ''indie''), que chegaron a constituír un apartado propio en tendas e en plataformas de distribución como [[Steam]] ou [[Gameloft]]. Estes xogos son desenvoltos por pequenos grupos de non máis de 20 persoas, sen a axuda financeira de ningunha distribuidora. Caracterízanse habitualmente por un desenvolvemento artístico variado e particular, tanto en gráficos como en banda sonora, con historias de tramas innovadoras e que xeralmente non teñen unha continuidade ou non están deseñados para crear unha saga. A orixinalidade das súas formulacións, afastándose moitas veces dos estereotipos establecidos, valeulle o interese dunha parte dos afeccionados.
== Teoría ==
{{Artigo principal|Ludoloxía}}
A ciencia que estuda os videoxogos chámase «[[ludoloxía]]» ou estudo dos xogos. Un dos aspectos principais estudados por esta ciencia e a información que colleita son os impactos positivos e negativos dos videoxogos nas persoas.
 
A ludoloxía ocúpase do estudo crítico dos xogos, do seu deseño, dos xogadores e da interacción entre ambos, así como o seu papel na sociedade e a cultura. Os métodos usados para colleitar información van desde enquisas e investigacións etnográficas, ata experimentos controlados de laboratorio.{{cr}}
 
== Notas ==