Videoxogo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 88:
 
As principais [[asociación sectorial|asociacións sectoriais]] en España son AEVI (Asociación Española de Videoxogos), que engloba a compañías que facturan o 90% dos ingresos totais do sector, e DEV (Desenvolvemento Español de Videoxogos), que agrupa ás principais compañías desenvolvedoras do país. En Chile está o grupo VGChile, onde se agrupan os desenvolvedores chilenos.
=== Videoxogos ''indie'' ===
{{Artigo principal|Videoxogo independente}}
Nun mercado dominado polas grandes distribuidoras de videoxogos, cabe destacar nesta última década o auxe dos videoxogos independentes (tamén coñecidos como ''indie''), que chegaron a constituír un apartado propio en tendas e en plataformas de distribución como [[Steam]] ou [[Gameloft]]. Estes xogos son desenvoltos por pequenos grupos de non máis de 20 persoas, sen a axuda financeira de ningunha distribuidora. Caracterízanse habitualmente por un desenvolvemento artístico variado e particular, tanto en gráficos como en banda sonora, con historias de tramas innovadoras e que xeralmente non teñen unha continuidade ou non están deseñados para crear unha saga. A orixinalidade das súas formulacións, afastándose moitas veces dos estereotipos establecidos, valeulle o interese dunha parte dos afeccionados.
 
== Notas ==