Hórreo galego: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Denominación: inexatitude na distribución xeográfica do nome
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta15)
Liña 19:
 
* '''Hórreo'''. A explicación máis aceptada da orixe do termo hórreo e as súas variantes (hórrio, orno e órneo) remite ao [[Latín|latino]] ''horreum'' (do [[lingua grega|grego]] ὡρεῖον, σιτοφυλακεῖον, ἀποθήκη 'celeiro'), que designaba en orixe un [[edificio]] no que se gardaban [[froito]]s do campo, especialmente o gran.<ref>Kaltschmidt, J.H. ''A school dictionary of the Latin language''. William and Robert Chambers, 1850.</ref> Durante o [[Imperio Romano|Imperio]] a palabra ''horreum'' empregábase para calquera lugar destinado a conservar cousas de calquera natureza, sexa [[viño]] (''horrea vinearia''), mercancías e provisións (''horreum penarium'').<ref>Schmitz, L. ''Horreum''. Artigo en Smith, W. ''A Dictionary of Greek and Roman Antiquities''. John Murray. Londres, 1875.</ref> Outros autores fan derivar o actual ''hórreo'' dun ''órreo'' prerromano presente na toponimia e na hidronimia, e que tería xa o significado de silo para o gran.<ref name="rq"/>
* '''Cabazo'''. Do latín vulgar *''capacĕu''.<ref>{{Cita web|url=https://digalego.xunta.gal/digalego/Html/index.php?op=ver&id=11064&opcion=entrada&entrada=%3Csup%3E2%3C/sup%3Ecabazo|páxina-web=Dicionario de galego|título=Cabazo|data-acceso=8 de decembro de 2016|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20161220125756/https://digalego.xunta.gal/digalego/Html/index.php?op=ver&id=11064&opcion=entrada&entrada=%3Csup%3E2%3C%2Fsup%3Ecabazo|dataarquivo=20 de decembro de 2016|urlmorta=si}}</ref> O termo cabazo designa principalmente ao [[hórreo de corres]], pero por similitude funcional emprégase por zonas para nomear ao hórreo galego. A palabra cabazo e as súas variantes (cabozo, cabaceiro, cabeceiro, cabeceira e cabaceira) provén, segundo [[Xosé Trapero Pardo|Trapero Pardo]], do termo [[cabaza]], froito que frecuentemente se deixaba secar nos tornarratos. Segundo [[Corominas]] provén dun ''calapaccia'' prerromana, que significaba «cuberta a modo de casca», en alusión probable ao tellado vexetal.<ref>Meilán, A. ''Manifestaciones culturales en "As Figueiras" y su contorno''. En ''Estudios y trabayos del Seminariu de Llingua Asturiana'', Volume 2. Universidade de Oviedo, 1979. ISBN 84-7468-024-7, 9788474680249.</ref> Outra explicación relaciona a palabra ''cabazo'' co tema latino ''capio, capere'', empregado para nomear contedores e trebellos de ''capacidade''.
* '''Celeiro'''. A palabra ''celeiro'' ou ''cileiro'' provén dun ''cellarium'' latino, de ''cella'', 'silo' ou 'adega baixo terra'.<ref name="rq">Rivas Quintas, E. ''Millo e hórreo. Legumia e cestos''. Laiovento. Noia, 1996. ISBN 84-87847-81-1.</ref>
* '''Canastro'''. Do latín ''canistrum'' 'cesto de vimbios'. O nome empregábase en orixe para denominar ao hórreo de corres, pero estendeuse especialmente polo sur da provincia de Ourense. Fai referencia á arte de elaboración das paredes do cabazo.