Augusto Pinochet: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Etiqueta: edición de código 2017
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 39:
O [[21 de agosto]] produciuse unha manifestación de mulleres de xenerais diante da casa do xeneral Prats, á que se sumaron tamén varios oficiais de civil. Aldraxaron e acantazaron a Prats, e aínda que os carabineiros disolveron a manifestación, esta volveuse a organizar. Cando chegaron ao lugar Pinochet, Allende e os seus ministros, todos foron abucharados. Desilusionado, Prats pediu, primeiro por intermedio de Pinochet e logo directamente, que os xenerais reafirmasen a súa lealtade a el; como só uns poucos o fixeron, renunciou á comandancia en xefe e recomendou para a súa sucesión a Pinochet, decisión que foi aceptada por Allende.
 
Para daquela, a polarización do país en partidarios e opositores do goberno de Unidad Popular era máxima, e a [[Cámara de Deputados (Chile)|Cámara de Deputados]] declarou a «grave creba da orde constitucional e legal da República» o [[22 de agosto]] de [[1973]]. Ao día seguinte, Allende, Prats e Pinochet xuntáronse no [[Palacio de la Moneda]] da que Pinochet saíu nomeado comandante en xefe.
 
=== A preparación do golpe ===