Coleópteros: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta14)
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta15)
Liña 21:
}}
 
Os '''coleópteros'''<ref>{{DRAG|coleópteros}}</ref> ('''Coleoptera''') son un grupo de [[insectos]] que constitúen unha [[orde (bioloxía)|orde]] dentro da superorde [[Endopterygota]]. Moitos deles reciben o nome de '''escaravellos'''<ref>{{DRAG|escaravello}}</ref>, que se usa ás veces como termo xeral,<ref name="escaravello">Dicionario Digalego [http://digalego.xunta.gal/digalego/Html/index.php?op=ver&id=26615&opcion=entrada&entrada=escaravello escaravello] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20180703133911/http://digalego.xunta.gal/digalego/Html/index.php?op=ver&id=26615&opcion=entrada&entrada=escaravello |date=03 de xullo de 2018 }}</ref> pero outros teñen outros nomes específicos como [[gurgullo (insecto)|gurgullos]], [[vagalume]]s, [[traza|couzas da madeira]], [[maruxiña]]s, [[vacaloura]]s... O seu par de ás anterior, chamadas [[élitro]]s, está endurecido formando unha especie de estoxo, o que os distingue da maioría dos outros insecos. Os Coleoptera, cunhas 400&nbsp;000 especies, son a maior de todas as ordes de insectos, constitúen case o 40% dos insectos descritos e o 25% de todos os animais coñecidos; descóbrense novas especies decote. A máis grande de todas as [[familia (bioloxía)|familias]] é a dos [[Curculionidae]] (gurgullos) cunhas 70&nbsp;000 especies. Encóntranse en case todos os [[hábitat]]s excepto no mar e as rexións polares. Interaccionan cos seus [[ecosistema]]s de varios modos, xa que hai especies [[herbívoro|herbívoras]], [[detritívoro|detritívoras]] e [[carnívoro|carnívoras]]: aliméntanse de [[planta]]s e [[fungi|fungos]], de restos de animais e plantas descompostos, ou comen outros [[invertebrado]]s. Algunhas especies son graves pragas agrícolas, como o [[Leptinotarsa decemlineata|escaravello da pataca]] ou larvas dalgunhas especies, mentres que outros, como os [[Coccinellidae]] (xoaniñas ou maruxiñas) comen [[áfidos]], [[Coccoidea|cochinilla]]s, [[tisanópteros|trip]]s e outros insectos que zugan o zume das plantas ou danan doutros modos as colleitas.
 
Os coleópteros teñen un [[exoesqueleto]] especialmente duro, incluíndo os élitros, aínda que algúns, como os [[estafilínidos]] teñen élitros moi curtos, e os [[meloidos]] teñen élitros brandos. A anatomía xeral dun coleóptero é bastante uniforme e típica dos insectos, aínda que hai varios exemplos novidosos, como as [[adaptación biolóxica|adaptacións]] que se observan nos [[escaravello acuático|escaravellos acuáticos]], que atrapan burbullas de aire baixo os élitros para usalo mentres están mergullados. Os coleópteros son [[Endopterygota|endopterigotos]], o cal significa que sofren unha [[metamorfose]] completa, experimentando unha serie de cambios ben aparentes e relativamente abruptos na estrutura corporal entre a eclosión do ovo e a etapa adulta, despois de pasaren por unha fase [[pupa]]l relativamente inmóbil. Algúns, como os [[lucánidos]] (por exemplo as vacalouras), teñen un marcado [[dimorfismo sexual]], os machos posúen [[mandíbula (artrópodos)|mandíbulas]] enormemente agrandadas que utilizan para loitar con outros machos. Moitos coleópteros son [[aposematismo|aposemáticos]], polo que teñen cores rechamantes e padróns de coloración de advertencia da súa [[toxicidade]], mentres que outros son [[mimetismo batesiano|imitadores batesianos]] inofensivos de ditos insectos. Moitos coleópteros, incluíndo os que viven en lugares areosos, teñen [[camuflaxe]]s efectivas.