Diferenzas entre revisións de «Videoxogo»

m (quito)
 
A comercialización dos xogos creados polos desenvolvedores é labor das [[distribuidora de videoxogos|distribuidoras de videoxogos]]. Estas ocúpanse da súa distribución (xa sexa a través de tendas físicas ou por internet), publicidade, presentación, tradución... pero tamén exercen a miúdo un papel fundamental antes e durante o desenvolvemento do xogo, como é a súa concepción, o seu financiamento, os estudos de mercado, o control de calidade, etc. Moitas distribuidoras teñen un ou varios estudos de desenvolvemento propio, á marxe de que poidan ou non traballar con desenvolvedores externos. Algunhas das máis importantes distribuidoras de videoxogos son: [[Electronic Arts]], [[Ubisoft]], [[Activision Blizzard]], [[Nintendo]], [[Sony|Sony Computer Entertainment]], [[Microsoft Studios]], [[Take-Two Interactive]], [[Capcom]], [[Konami]], [[Bethesda Softworks]], [[Square Enix]], [[Bandai Namco]], [[Valve Corporation]], [[Rockstar Games]], [[Gameloft]] e [[SEGA]].
== Industria do videoxogo ==
[[Ficheiro:The Los Angeles Convention Center during E3 2014.JPG|miniatura|A [[Electronic Entertainment Expo|E3]] é unha das maiores convencións da industria do videoxogo.]]
{{Artigo principal|industria do videoxogo|l1 = Industria do videoxogo}}
Nada coa aparición da primeira máquina recreativa a moedas en 1971, a industria do videoxogo pasou nunhas poucas décadas de ser unha mera curiosidade tecnolóxica a converterse nunha das maiores [[industria do entretemento|industrias do entretemento]] por volume de facturación. Estímase este en 81.500 millóns de dólares en 2014 a nivel mundial, chegando a duplicar o da industria do cinema no mesmo ano. Os ingresos proceden fundamentalmente da venda de videoxogos, de videoconsolas, de accesorios e de máquinas recreativas. Os principais países en ingresos por videoxogos son E.E.U.U, China e Xapón, seguidos de Alemaña e Reino Unido. España sitúase na décima posición, facturando anualmente preto de 1.500 millóns de dólares.<ref>{{Cita web|url = http://www.newzoo.com/insights/top-100-countries-represent-99-6-81-5bn-global-games-market/|título = Top 100 Countries Represent 99.8% of $81.5Bn Global Games Market|autor = Newzoo|enlaceautor = |fecha = |lingua =en |editorial = |dataacceso = 1 de maio de 2015}}</ref>
 
== Notas ==
102.508

edicións