Bilurico común: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 26:
[[Ficheiro:Tringa totanus-pjt.jpg|miniatura|esquerda|Ave fóra da época de reprodución en voo na Lagoa de Venezia, Italia.]]
[[Ficheiro:Redshank.webm|miniatura|Bilurico común procurando alimento.]]
Os biluricos comúns en plumaxe reprodutora son de cor marón xaspeado, lixeiramente máis claros pola parte inferior. En plumaxe de inverno adquiren un ton algo máis claro e con menos xaspeado, sendo dun marrón cincento bastante uniforme e abrancazados pola parte ventral. Teñen patas vermellas e un peteiro tamén vermello e con punta negra, e mostran en voo un dorso branco e as beiras traeiras das ás brancas.
 
Diferénciase do [[bilurico escuro]] (''T. erythropus''), que se reproduce no Ártico, porque este ten un bico e patas máis longos e unha plumaxe reprodutora moi escura e unha plumaxe invernal moi clara. Esta especie non é un parente especialmente próximo do bilurico común, senón que pertence á liñaxe dos biluricos grandes de [[latitude]]s altas. Por outra parte, ''T. totanus'' está estreitamente emparentado co bilurico fino (''[[Tringa stagnatilis|T. stagnatilis]]''), e é máis próximo aínda ao bilurico bastardo ou pintado (''[[Tringa glareola|T. glareola]]''). Os antepasados deste último e o bilurico común parece que diverxeron no límite entre o [[Mioceno]] e o [[Plioceno]], hai uns 5 ou 6 millóns de anos. Estas tres especies das rexións [[subárctico|subárticas]] ata as temperadas forman un grupo de biluricos máis ben pequenos que teñen patas vermellas ou amarelas, e na plumaxe reprodutora teñen xeralmente un suave ton marrón pola parte superior con algunhas manchas escuras e unhas manchas marróns pequenas algo difusas no peito e pescozo.<ref name=Pereira2005/>