Diferenzas entre revisións de «Antonio Tenreiro Rodríguez»

sen resumo de edición
{{Biografía
|nome = Antonio Tenreiro Rodríguez
|imaxe = A Coruña - Banco Pastor 3.JPG
|imaxe_tamaño = 180px
|descrición = [[Edificio do Banco Pastor da Coruña|Fachada do Banco Pastor]], a súa obra máis coñecida.
|data_de_nacemento = [[5 de xaneiro]] de [[1893]]
|lugar_de_nacemento = A Coruña, {{GALb}} Galiza
|data_de_falecemento = [[31 de maio]] de [[1972]]
|lugar_de_falecemento=
|nacionalidade = {{ESPb}} Español
|ocupación = Arquitecto
|cónxuxe =
}}
'''Antonio Tenreiro Rodríguez''', nado na [[A Coruña|Coruña]] o [[5 de xaneiro]] de [[1893]] e finado o [[31 de maio]] de [[1972]], foi un dos principais arquitectos [[Galicia|galegos]] do [[século XX]]. O seu estilo comezou no eclecticismo para logo evolucionar cara á [[art déco]] e ao [[racionalismo arquitectónico|racionalismo]].
 
En 1930 foi nomeado arquitecto municipal da Coruña, e nesta década realizou, entre outros, os proxectos do Cine Savoy, na [[rúa Real (A Coruña)|rúa Real]] (derrubado en 1966), do [[Mercado Municipal de Santo Agostiño|mercado de Santo Agostiño]], da Casilla-Biblioteca "Menéndez Pidal", nos [[xardíns de Méndez Núñez]], e a estación de servizo en Catro Camiños (demolida en 1997),<ref>{{Cita web |url=http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/09/28/4112265.shtml?idioma=galego |título=Homenaje a una estación de servicio con mucha solera |data-acceso=11 de decembro de 2016 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20161221013317/http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/09/28/4112265.shtml?idioma=galego |dataarquivo=21 de decembro de 2016 |urlmorta=si }}</ref> nas que se pode contemplar unha transición do ''déco'' á [[Movemento Moderno|Modernidade]].
[[Ficheiro:Grajovuelabajo.jpg|miniatura|esquerda|250px|Casa Bailly, no Graxal]]
O 9 de outubro de 1931 fundou canda outros 9 arquitectos a delegación na Coruña do [[Colexio Oficial de Arquitectos de León]]. A acta da sesión comeza así:
{{cita|Convocados por D. Antonio Tenreiro para celebrar Xunta Xeral, os Arquitectos da provincia da Coruña, con obxecto de constituír a delegación nesta provincia do Colexio Oficial de Arquitectos de León...}}
=== A partir da guerra civil ===
No 1936 estalou a [[guerra civil española]]. Pola nacionalidade francesa da súa muller e a súa distinción coa lexión de honor, o cónsul francés dispuxo os requisitos necesarios para a súa evacuación, mais Antonio decidiu permanecer na Coruña. O seu cuñado foi fusilado en [[Matanzas de Paracuellos|Paracuellos]]. En 1937 Antonio Tenreiro Rodríguez foi suspendido do seu cargo como arquitecto municipal e expedientado pola súa militancia republicana. A representatividade das familias Pastor-Barrié de la Maza e Tenreiro Arias impediu a suspensión total do exercicio, pero non evitaron a súa retirada dos cargos públicos, a confiscación da fábrica de curtidos familiar, a expropiación de numerosas propiedades e a mingua substancial do seu patrimonio. Finalmente, a Xunta Superior de Depuración condenouno, en 1942, a seis anos de inhabilitación para cargos públicos, directivos e de confianza. A partir dese momento viuse frecuentemente obstaculizado nos primeiros anos da ditadura, tendo incluso que asinar o seu socio Estellés algunhas das súas obras, como o Gran Cine de [[Ortigueira]].<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Agrasar|2002|p=119}}</ref>
[[Ficheiro:Frente del Archivo del Reino de Galicia.jpg|miniatura|Fronte do Arquivo do Reino de Galicia dende o [[Xardín de San Carlos]] (1952)]]
 
Mais todo isto non evitou que proxectase, en 1940 a cidade cultural “Generalísimo Franco”, hoxe campus universitario de Riazor da [[Universidade da Coruña]] e cidade escolar, do que realizou edificios como a Escola de Náutica, a Escola de Comercio ou o Conservatorio de Música (que non foi construído).<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Agrasar|2002|pp=120-125}}</ref> En 1942 deseñou o mercado da praza do Conde en Pontedeume trala demolición do pazo dos Andrade.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Agrasar|2002|pp=79-83}}</ref>
 
 
== Galería ==
{{Galería
<gallery>
|lines=3
Ficheiro:A Coruña - Mercado de San Agustín.JPG|[[Mercado Municipal de Santo Agostiño]] (1932-1938)
|Ficheiro:CasaA Balas.jpg|CasaCoruña Balas,- na [[rúaMercado de FerrolSan (A Coruña)Agustín.JPG|rúa[[Mercado Municipal de FerrolSanto Agostiño]] da Coruña (19331932-1938)
|Ficheiro:Rúa doCasa Orzán coa rúa do SolBalas.jpg|Casa de Santiago LópezBalas, na [[rúa dode Ferrol (A Coruña)|rúa de OrzánFerrol]] da Coruña (19341933)
|Ficheiro:PrazaRúa dedo LugoOrzán 20coa -rúa Casado d'OrtegaSol.jpg| Casa d’Ortegade Santiago López, na [[prazarúa de Lugo (A Coruña)|praza dedo LugoOrzán]] da Coruña (1934)
|Ficheiro:Praza de Lugo 20 - Casa d'Ortega.jpg| Casa d’Ortega, na [[praza de Lugo (A Coruña)|praza de Lugo]] da Coruña (1934)
|Ficheiro:PontedeumeMercado 2014-09.jpg|Mercado de [[Pontedeume]] (1942, construído en 1954)
Ficheiro:Frente del Archivo del Reino de Galicia.jpg|Fronte do Arquivo do Reino de Galicia dende o [[Xardín de San Carlos]] (1952)
}}
</gallery>
 
==Notas==
{{Listaref|30em}}
 
==Véxase tamén==
187.978

edicións