Arao romeiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Carl von Linné
m →‎Características: arranxiños
Liña 23:
 
== Características ==
É unha ave grande, 38–43 cm de lonxitude e 60–69 cm de envergadura; o peteiro, ancho e escuro, ten manchas brancas. Os exemplares adultos teñen a plumaxe negra co peito e ventre branco. Aliméntanse de [[peixepeixes]]s, e tamén de [[crustáceocrustáceos]]s e [[verme]]s mariños. Habita nas illas e buratos protexidos dos cantís do [[Atlántico Norte]] ata [[Maine, Estados Unidos de América|Maine]] e o norte de [[Francia]] polo sur. Cría en colonias, moitas veces asociado ao [[arao dos cons]], e deixan os seus ovos nas rochas. Os norteamericanos migran de [[Terranova]] a [[Nova Inglaterra]], mentres os eurasiáticos pasan o inverno no mar; algúns mesmo chegan ao Mediterráneo Occidental.
 
En [[Galicia]] é bastante común como ave invernante, procedente de [[Gales]] e [[Escocia]].