Xeneral: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
na Wikipedia non precedemos os nomes propios de tratamentos de cortesía
Recuperando 0 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta15)
Liña 1:
{{universalizar}}
'''Xeneral'''<ref>{{DRAG|xeneral}}</ref><ref>[https://digalego.xunta.gal/digalego/Html/index.php?op=ver&id=65049&opcion=entrada&entrada=xeneral%20-la Entrada de "xeneral" no Digalego.gal]{{Ligazón morta|data=agosto de 2019 }}</ref> é un [[rango militar]]. Atópase na cima da [[xerarquía]] castrense, sobre os [[oficial (forzas armadas)|oficiais]] superiores ([[comandante]]/[[maior]], [[tenente coronel]], [[coronel]]), os oficiais ([[alférez]]/[[subtenente]], [[tenente]], [[capitán]]; na Armada: [[alférez de fragata]], [[alférez de navío]] e [[tenente de navío]], respectivamente), os [[suboficial]]is e os [[soldado]]s ou [[mariñeiro]]s.
 
Un xeneral está ao mando dunha [[unidade militar]] máis grande que un [[rexemento]], como pode ser a [[brigada]], [[división militar|división]], [[Corpo de exército|corpo]], [[exército]], [[grupo de exércitos]] ou a totalidade das [[forzas armadas]] dun país. Nalgúns casos o nome do rango do xeneral inclúe o tipo de unidade que manda, [[xeneral de brigada]], [[xeneral de división]], [[xeneral de corpo de exército]] ou [[xeneral de exercito|xeneral de/do Exército]]. Á cabeza do xeneralato están determinados graos, dependendo da nación e historia, que a maioría das veces aínda que estean contemplados nos seus graos, non están activos, como [[mariscal]], [[capitán xeneral]], [[xeneral dos exércitos]] ou [[xeneralísimo]].