Suecia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 5174332 de 81.37.224.255 (conversa)
Etiqueta: Desfacer
m →‎Inventos: Carl von Linné
Liña 459:
=== Inventos ===
[[Ficheiro:AlfredNobel adjusted.jpg|miniatura|[[Alfred Nobel]]]]
Foi no [[século XVIII]] cando tivo lugar a [[Revolución científica]]. Previamente, os adiantos tecnolóxicos chegaran da man de profesionais que inmigraran doutros países europeos. En [[1739]] fundouse a [[Real Academia das Ciencias de Suecia]], con personaxes como [[CarolusCarl Linnaeusvon Linné]] e [[Anders Celsius]] entre os seus primeiros membros. Dende [[1870]], moitas compañías de enxeñaría foron creadas a un ritmo nunca antes visto e os enxeñeiros convertéronse nos heroes da época. Moitas das compañías fundadas por estes pioneiros son aínda recoñecidas a nivel internacional.
 
[[Alfred Nobel]] inventou a dinamita e instituíu o [[Premio Nobel]]. [[Gustaf Dalén]] fundou a compañía de gas AGA e gañou o [[Premio Nobel de Física]] polas súas válvulas solares. [[Lars Magnus Ericsson]] comezou a empresa que leva o seu nome, [[Ericsson]], que hoxe en día é unha das compañías de telecomunicacións máis grandes no mundo. [[Jonas Wenström]] foi un pioneiro na [[corrente alterna]] e xunto co inventor [[Croacia|croata]] [[Nikola Tesla]], inventou o sistema electrónico de tres fases.