Diferenzas entre revisións de «Videoxogo»

m
(→‎Desenvolvemento: texto traducido desde a wiki .es:Videojuego#Desarrollo)
m (→‎Desenvolvemento: arranxiño)
{{AP|Desenvolvemento de videoxogos}}
[[Ficheiro:Virtual-camera-system.png|miniatura|Desenvolvedores usan varias ferramentas para crear videoxogos.]]
A creación de videoxogos é unha actividade levada a cabo por empresas coñecidas como [[Desenvolvedora de videoxogos|desenvolvedoras de videoxogos]]. Estas encárganse de [[Deseño de xogos|deseñar]] e [[Linguaxe de programación|programar]] o videoxogo, desde o concepto inicial ata o videoxogo na súa versión final. Esta é unha actividade multidisciplinaria, que involucra profesionais da [[informática]], o deseño, o son, a actuación, etc. O proceso é similar á creación de [[software]] en xeral, aínda que difire na gran cantidade de achegas creativas necesarias (música, historia, deseño de personaxes, niveis, etc.). O desenvolvemento tamén varía en función da plataforma obxectivo (PC, móbiles, consolas), o xénero (estratexia en tempo real, RPG, aventura gráfica, plataformas, etc.) e a forma de visualización (2d, 2.5d e 3d). Algunhas das máis importantes desarrolladorasdesenvolvedoras de videoxogos a nivel internacional son: Blizzard Entertainment, Valve, Rockstar North, Bungie, Microsoft, Nintendo, BioWare, Sega, Sierra Entertainment ou Zynga, ás cales hai que engadir os estudos internos (a miúdo homónimos) das principais distribuidoras.
 
A comercialización dos xogos creados polos desenvolvedores é labor das [[distribuidora de videoxogos|distribuidoras de videoxogos]]. Estas ocúpanse da súa distribución (xa sexa a través de tendas físicas ou por internet), publicidade, presentación, tradución... pero tamén exercen a miúdo un papel fundamental antes e durante o desenvolvemento do xogo, como é a súa concepción, o seu financiamento, os estudos de mercado, o control de calidade, etc. Moitas distribuidoras teñen un ou varios estudos de desenvolvemento propio, á marxe de que poidan ou non traballar con desenvolvedores externos. Algunhas das máis importantes distribuidoras de videoxogos son: [[Electronic Arts]], [[Ubisoft]], [[Activision Blizzard]], [[Nintendo]], [[Sony|Sony Computer Entertainment]], [[Microsoft Studios]], [[Take-Two Interactive]], [[Capcom]], [[Konami]], [[Bethesda Softworks]], [[Square Enix]], [[Bandai Namco]], [[Valve Corporation]], [[Rockstar Games]], [[Gameloft]] e [[SEGA]].
102.443

edicións