Diferenzas entre revisións de «Rábano Mauro»

sen resumo de edición
Etiqueta: edición de código 2017
Etiqueta: edición de código 2017
 
== Traxectoria ==
Rábano Mauro naceu en [[Maguncia|Mainz]] (de aí o alcume de ''Maguntius'' ou ''Magnentius),'' entre [[780]] e [[784]]. Era fillo de Waluran e Waltrat, membros da aristocracia [[Francos|franca]]. Aínda mozo, en torno a [[790]] - [[791]], ingresou como oblato na abadía [[Orde de San Bieito|beneditina]] de Fulda, onde estudou e en [[801]] foi ordenado [[diácono]]. Completou os seus estudos na escola de [[Tours]], un dos centros do Renacemento carolinxio, tendo como mestre a [[Alcuíno de York]]. Chamouno '''Maurus''', en homenaxe ao discípulo predilecto de [[Bieito de Nursia]], [[Mauro de Anjou|Mauro Abade]]<ref>ConscientConsciente, tanmateixporén, que en fràncicfráncico elo nomnome propipropio quedavaquedaba convertitconvertido ennun unnome nom parlantparlante: ''CorbCorvo NegreNegro'', que, en lana sevasúa profunda simbologiasimboloxia medieval podempodemos interpretar com acomo equivalent de ''mestre de benedictins''. DeDa lamesma mateixa maneramaneira que elo corbcorvo nonon alimenta pasas elssúas seuscrías pollets finsata que nonon elslles surtsaen elas plomatgeplumas negrenegras ie potpode aixíasí reconèixerrecoñecer que sónson realment fillsfillos seus, aixíasí elo veritableverdadeiro Mestre tampoctampouco nonon explica alsás seussúas polletscrías -elsos estudiantsestudantes- elsos misterismisterios de lada Sagrada EscripturaEscritura finsata que nonon reconeixrecoñece que realmentrealmente estanestán preparatspreparados interiormentinteriormente perpara a rebre'lsrecibilos. ''MaurMauro/môr'' &#x201C;negre&#x201D; fafai referènciareferencia aquí alá colorcor negrenegra dedo l'hàbithábito delsdos benedictinsbeneditinos.</ref>. Dous anos despois volveu a Fulda e dirixiu a escola monástica. O [[814]] foi ordenado sacerdote.
 
Fixo unha peregrinación a [[Xerusalén]] e en [[817]] regresou a Fulda, en [[822]] foi nomeado [[abade]]. Durante o seu mandato, escribiu a maior parte das súas obras, seguiu coa reconstrución dos edificios monásticos que o seu predecesor comezara e fixo que o ''[[scriptorium]]'' e a biblioteca da abadía se contasen entre os máis importantes e ricos de [[Europa]]. En [[842]] deixou o cargo de abade e retirouse a [[Petersberg, Hessen|Petersberg]], preto de Fulda, onde continuou escribindo.
[[Ficheiro:Mainz1631.jpg|miniatura|300x300px| Debuxo de 1631 de Maguncia, que mostra, á esquerda, os restos da abadía de S. Alban, o primeiro enterro de Rábano Mauro. ]]
[[Ficheiro:WinkelStWalburgaSParallel50.JPG|miniatura|300x300px| Parroquia de Sankt Walburga en Winkel im Rheingau, onde morreu, coa escultura de Rábano Mauro. ]]
A reputación de Rábano Mauro está ligada á súa gran produción literaria: teólogo, exexeta, poeta e erudito enciclopedista. As súas obras, en xeral, son recompilacións do coñecemento conservado na época, como era costume daquela<ref>Ernst Robert Curtius vadefiniu definirao l'autor com acomo "monòtonmonótono compilador".</ref>, baseadas na literatura patrística, de [[Agostiño de Hipona]] a [[Beda|Beda o Venerábel]] ou [[Isidoro de Sevilla]], e en autores clásicos.
 
Entre as súas principais obras están:
52.643

edicións