Ecoaldea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
Lles (conversa | contribucións)
m Ligazóns
Liña 2:
Unha '''ecoaldea''' é un movemento de persoas, no ámbito mundial, que optan por vivir en [[comunidade]] dun xeito diferente ao convencional. As ecoaldeas son modelos, algúns patrocinados por organismos como a [[UNESCO]], que están demostrando que é posíbel outro modo de vivir fóra das redes do gran [[consumo]] e o malgaste, cuns principios de [[Movemento ecoloxista|ecoloxía]] e respecto ao [[medio ambiente]]{{Cómpre referencia|data=marzo de 2016}}.
 
Como exemplo, o Goberno de [[Senegal]] adoptou este modelo de desenvolvemento rural e recibiu un fondo especial das [[ONU|Nacións Unidas]]. Trátase de proxectos viábeis repartidos por [[Europa]], [[África]], [[Oceanía]] e [[América]], e a proba está en que funcionan.
 
As bases das ecoaldeas son a sustentabilidade e o desenvolvemento humano, aínda que existen multitude de matices que as diferencian: algunhas contemplan a [[propiedade privada]] e outras a ocupación de vilas abandonadas; nalgúns casos son confesionais adscritas a algunha [[relixión]] e noutros, en cambio, deixan libre elección relixiosa aos seus habitantes; adoitan ser de ámbito [[rural]] pero tamén existen exemplos de ecoaldeas urbanas.
 
== Aspectos ecolóxicos ==
Liña 11:
* A construción farase utilizando técnicas e materiais de construción locais, naturais e non tóxicos.
* Todas as actividades produtivas (artesanais, industriais) terán en conta os ciclos vitais dos produtos utilizados, de maneira que en ningún momento do dito ciclo poidan resultar nocivos para a contorno ou para a saúde.
* Os obxectos producidos deberán ser de longa duración, sinxelos de reparar e aptos para seren [[Reciclaxe|reciclados]].
* A auga e a enerxía consumiranse con moderación, depurando con medios naturais as [[augas residuais]] e utilizando fontes de enerxía renovábeis.
* O transporte motorizado reducirase ao mínimo.
Liña 19:
* O traballo organizarase horizontalmente, favorecendo a participación de tódalas persoas involucradas na toma de decisións.
* O consumo será preferentemente local, gastando en produtos da propia comunidade ou do seu contorno inmediato.
* A [[saúde]] e a [[educación]] serán asumidas, na medida do posíbel, pola comunidade.
* Todo o mundo terá acceso a unha información veraz sobre asuntos da súa incumbencia.
* Todo o mundo estará en igualdade de condicións para participar na toma de decisións sobre asuntos da comunidade.
* Tódalas decisións tomaranse [[Democracia|democraticamente]], a poder ser coa participación de todos, evitando na medida do posíbel a delegación de poder.
 
== Aspectos culturais ==
* A ecoaldea será un lugar no que se favoreza a [[creatividade]] e a expresión da singularidade de todo ser humano.
* Tamén será un lugar no que se leven a cabo todo tipo de encontros, ritos ou celebracións que contribúan a manter a cohesión do grupo.
* A ecoaldea ha ser un lugar no que se desenvolven e aplican técnicas para a [[resolución de conflitos]].
* A ecoaldea realizará actividades cara ao exterior, co fin de ir promovendo aos poucos esta nova forma de vida.